Solicitude ordinaria de admisión para o curso 2024-2025

A quen vai dirixida esta fase do proceso de admisión:

- Ao alumnado de centros non adscritos que queiran solicitar praza no noso centro e que non presentasen a solicitude de reserva no seu centro de adscrición. No caso de ter presentado reserva no seu centro, deberá renunciar á mesma antes do 28 de febreiro.

- Ao alumnado do noso centro que queira solicitar praza noutro instituto para o próximo curso (por exemplo, alumnado de 4ºESO que queira cursar o próximo curso unha modalidade de Bacharelato que non se ofreza no noso instituto).

 

Prazo de presentación das solicitudes:

Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

 

Forma de presentación:

- Na aplicación Admisión Alumnado, mediante sistema de Chave 365 ou certificado dixital, a través da seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

- Presencialmente: na secretaría do centro elixido como primeira opción. Poden recoller os impresos no centro ou descargalos da aplicación Admisión Alumnado (modelo ED550B).

É importante que a solicitude estea asinada por unha das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a, e que o anexo II-bis estea asinado pola outra persoa proxenitora, para expresar o seu consentimento .

 

Documentación que se debe achegar coa solicitude:

‐ Fotocopia do D.N.I. da alumna ou alumno.

‐ Certificado do centro onde estea matriculado na actualidade, no que figure o código da alumna ou alumno.

 

Publicación das listaxes provisionais:

25 de abril, no taboleiro situado no interior do centro e na aplicación Admisión Alumnado a través do código da solicitude.