Sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 27, ás 15.30 horas, temos sesión do Club da Igualdade. E esta é das que non se poden perder. Van estar con nós educadores, rapazas e rapaces da Fundación IgualArte. E que é IgualArte? Pois un espazo creativo marabilloso para persoas con diversidade funcional. Alí fan creación inclusiva desde a música, desde a danza, desde o teatro, desde o deseño...
Lembrade que podedes reservar mañá venres na cafetaría a vosa comida para o luns. Esperámosvos!