Concurso Aula Acolledora

Desde a vicedirección e as titorías, acabamos de poñer en marcha o concurso "Aula acolledora" para premiar aqueles cursos de 1º e 2º ESO que destaquen polo coidado da súa aula no seu sentido máis amplo: orde, limpeza, material, espazo-aula, pero tamén respecto, axuda, escoita, traballo e convivencia. Para iso, un xurado formado por once persoas (profesorado, alumnado e persoal de limpeza) valorará quincenalmente a cada grupo. Aquela clase que, a día 6 de xuño, acade máis puntos terá unha viaxe de aventura de balde a final de curso. E, para que todos e todas poidan mellorar, o xurado poderá conceder ademais accésits a outras clases. Moito ánimo a todo o alumnado participante!