Reunións informativas para familias de 2º, 3º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato
Enviado por admin o Lun, 25/10/2021 - 07:44
Esta semana convocamos reunións informativas para as familias do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e 2º de Bach, de acordo coas seguintes datas e horas:
- 2ºESO: martes 26 de outubro, ás 18:00h
- 3ºESO: martes 26 de outubro, ás 19:00h
- 4ºESO: mércores 27 de outubro, ás 18:00h
- 2ºBach: mércores 27 de outubro, ás 19:00h
Haberá unha primeira parte no salón de actos co equipo directivo e logo as titoras trasladaranse coas familias do alumnado do seu grupo ás aulas de referencia para manter unha reunión específica.
Por mor do protocolo covid só se permitirá o acceso dunha persoa por familia. O alumnado non debe asistir a esta reunión.