Danza en favor da igualdade
Enviado por admin o Lun, 18/10/2021 - 00:38
O alumnado de 3ºESO asistirá este martes 19 de outubro ás 12:30h na Praza da Paradela ao espectáculo de danza "Pel continua", da coreógrafa e bailarina Rut Balbís, Premio da Crítica de Galicia de artes escénicas no ano 2019. A actividade, organizada polo Concello de Gondomar, forma parte do programa Mulleres en acción. Violencia zero, da Deputación de Pontevedra, que pretende funcionar como arma de visibilización e reflexión para promover unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG-20211016-WA0006.jpg | 94.47 KB |