Espazo virtual da Unversidade da Coruña en UNIFERIA 2020

A Universidade da Coruña (UDC) abrirá este luns o seu espazo virtual dentro da feira de universidades  UNIFERIA 2020, promovida por Crue Universidades Españolas, baixo o eslogan: Universidade da Coruña, un mundo de oportunidades.


Do 17 ao 28 de febreiro, todos os interesados, futuro alumnado e sociedade en xeral, poderá informarse da oferta académica da UDC e doutras 53 universidades de España na páxina web www.uniferia.org, Esta é a segunda edición deste encontro entre as universidades e os futuros universitarios, que poderán contactar directamente con responsables dos títulos que lles interesen para que lles resolvan dúbidas.

Ademais, o estudantado poderá obter información relativa ao sistema de acceso á universidade, bolsas, posibilidades de internacionalización e os pasos necesarios para formalizar a matrícula.

Para que esta feira resulte realmente existosa e o seu alumnao poda coñecer polo miúdo a oferta académica da UDC en especial (e doutras universidades en xeral), e trasladarnos todas as súas dúbidas,  sería aconsellable que levasen ao seu alumnado ás aulas de informática do seu centro en horario lectivo, para que coñezan esta interesante ferramenta que poñemos a súa disposición.

Aínda que a navegación por UNIferia é libre, figurará un calendario con todos os chats que a UDC oferta con personal administrativo e con profesorado, haberá persoal de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Na seguinte ligazón poden ver un vídeo resumen de UNIferia 2020 e as posibilidades que ofrece:  https://youtu.be/gkuD-SuAKQY