Visita a Plastic Omnium

 O alumnado da modalidade de Ciencias de 1ºBach visitou o pasado 7 de marzo no polígono da Pasaxe, en Gondomar, as instalacións da empresa Plastic Omnium, dedicada á fabricación de compoñentes e accesorios para o sector do automóbil. A actividade organizouse con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, xa que nesta empresa é moi importante a presenza da muller no cadro de persoal, moi especialmente nos cargos de responsabilidade, algo pouco habitual no sector industrial vinculado á automoción.