Obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero"

Onte, 28 de marzo, tras catro sesións de duración, finalizou o obradoiro de "Sensibilización e prevención da violencia de xénero", onde o alumnado de 4º da ESO, a través de dinámicas co material LEGO® Education, reflexionou e debatiu aspectos como os tipos e mitos sobre a violencia de xénero ou os modelos de home e muller, entre outros. O obradoiro foi impartido polo gabinete 'A carón Gabinete de Psicología' en colaboración co Centro de Información á Muller do Concello de Gondomar.