Skip to Content

Quérote +

Ficha 8: Hoxe damos a clase nós

Dentro da materia de plástica e durante este mes de maio están a desenvolverse carteis que darán resposta á proposta feita na Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual deseñando carteis que promovan os valores do respecto á diversidade sexual e, tamén, un colofón perfecto para o traballo desenvolto neste Plan Proxecta: contribuir á difusión dos temas abordados neste plan proxecta. Unha pequena mostra de bocetos destes carteis amósase nas fotos adxuntadas.

Para a difusión destes traballos creouse unha conta en Instagram onde pódense ver parte dos traballos desenvoltos por alumnado de 3ºESO e tamén de 4ºESO (alumnado que participou o ano pasado neste mesmo proxecto e que acolleo de moi bo agrado a proposta feita desde a materia de plástica). A conta en Instagram é:

@diversas.xelmirezII

sustituíndo a inicialmente creada @diversidadexelmirez2 

Ademais estaba previsto desenvolver, na primeira quincena de xuño, unha exposición de parte destes traballos, que podería ser visualizada por toda a comunidade educativa do centro, o que pensamos sería un colofón perfecto ao proxecto. Esta exposición, finalmente, non se levou a cabo pola falta de tempo para imprimir os carteis con calidade e poder ser expostos antes de finalizar as clases. De cara ao ano que ven, teremos en conta isto como mellora a realizar no proxecto.

Ficha 7: Aconcepción e concepción

Esta ficha desenvouse na súa totalidade nas clases de bioloxía aproveitando os contidos propios da materia e complementándose co traballo proposto na ficha: por un lado familiarizarse cos métodos que non posibilitan o embarazo e por outro os que si.

Ver fotos da actividade desenvolta: foto1 e foto2.

Visiónase novamente un video de interese para o contido desenvolto e, por último, se entrega un documento pdf moi breve, falando sobre as infermidades de transmisión sexual.

Ficha 6: Cultivando habilidades

Na primeira parte da sesión, a modo de representación por parte de parellas de alumnos, amosáronse distintas situacións respecto ao consentimento e facilitouse un debate enriquecedor entre o alumnado.

Por último, o visionado do video no que se explica o consentimento sexual explicado con te, permitiu facer as últimas reflexións respecto ao consentimiento.

Engádese un foto da sesión: foto

Ficha 5: A relación dos sexos a través de tecnoloxía

A través dun documento con varios enunciados relaivos as relacións a través das redes sociais, desenvouse un debate na clase, acabando co visionado dun video sobre o tema.

Fotos da actividade: foto1 e foto2.

Ficha 4: O modelo do amor romántico

A visualización duns curtametraxes e a entrega dun pdf ao alumnado, permitiu desenvolver o traballo desta ficha cuarta.

Algunhas fotos da sesión: foto1, foto2 e foto3.

Ficha 2: A educación sexual

O alumnado dos tres grupos, de forma anónima, escribiu as súas dúbidas e preguntas acerca da sexualidade en papeis en branco. Algúns optaron por escribir as dúas palabras máis suxerentes co tema da sexualidade.

Foto do Antes (caixa onde botaron os seus papeis) e foto do Despois (caixa aberta para facer o análise das cuestións e palabras).

Fotos tamén relacionadas co desenvolvemento desta Ficha 2: foto1, foto2 e foto3.

Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual

Fotos feitas no desenvolvemento da actividade terceira dentro do proxecto (Ficha 3) que consistiu nunha primeira parte na visualización dun video (O amor non ten etiquetas) e diferentes ilustracións que reivindican a igualdade social e a loita contra a homofobia e transfobia.

Enlace á foto1, foto2, foto3, foto4 e foto5.

Dentro desta ficha tamén se incluía o deseño dun cartaz para promover os valores do respecto á diversidade sexual e ista parte fíxose ao longo do mes de maio como traballo desenvolto dentro da materia de plástica, formando parte dos traballos avaliados na mesma. Parte deses carteis pódense visualizar en Instagram, na conta:

@diversidadexelmirez2

 

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote

Páxina de inicio da web de Quérote+, coñecida e traballada ao desenvolver a actividade primeira dentro do proxecto Quérote+ (Ficha 1).

Ver imaxe da páxina web

 

Desenvolvemento do Plan

Novamente o noso Centro atópase involucrado nun Plan Proxecta como é o Quérote+ que tan bos resultados acadou o ano pasado en canto a experiencia obtida co seu desenvolvemento. Nesta ocasión, son novamente os alumnos de 3º ESO os que participan neste Plan Proxecta.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut