Skip to Content

Aberto o prazo de solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos. Vacantes.

25/02/2022 11:00

Do 1 de marzo, e ata o 21 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Se desexan que a súa filla ou seu fillo inicie estudos de FP, os prazos e procedementos son diferentes.

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

Atoparán a normativa vixente en http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35991

 

As vacantes ofertadas polo centro son as seguintes:

Curso Modalidade Vacantes
1º ESO   0
2º ESO   0
3º ESO   2
4º ESO   14
1º BAC Ciencias e Tecnoloxía 0
1º BAC Humanidades e Ciencias Sociais 0
2º BAC Ciencias e Tecnoloxía 12
2º BAC Humanidades e Ciencias Sociais 8

 

ABAU 2022. Instrucións para a realización das probas

Xúntase a Resolucióndo 11 de febreiro de 2022, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23:

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada coa realización das ABAU neste ano académico no apartado correspondente na web do IES Arcebispo Xelmírez II e na web da CIUG (http://ciug.gal/).

Actualización do protocolo da Covid-19 no ámbito educativo

A Consellería de Sanidade vén de publicar un PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA.

Os seus aspectos máis salientables son:

-O illamento dos positivos en covid-19 durará un mínimo de sete días desde o diagnóstico ou desde o inicio dos síntomas, e levantarase se nos últimos tres días non houbo síintomas.

-Pare levantar este illamento a partir do día sétimo non é preciso unha proba diagnóstica. Abonda con carecer de síntomas nos últimos tres días.

-Os contactos estreitos dun positivo con pauta completa de vacinación non deberán gardar corentena.

-As persoas con síntomas compatibles non acodirán ao centro ata ter realizada unha proba diagnóstica.

-As persoas positivas poden realizar unha autodeclaración ao Sergas na páxina web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

Cambios na concesión do transporte escolar

O 10 de xaneiro comeza a nova concesión de transporte escolar, que implica a incorporación da empresa Monbus, en tanto que deixa de prestar servizo a empresa Arriva. Mantéñense as paradas, pero tivo lugar unha reordenación das rutas, de maneira que algunhas pasan a estar asignadas a unha ruta distinta daquela á que estaban asignadas. Nestes momentos (22:05 do domingo 9 de xaneiro) non temos aínda un documento oficial con tódalas rutas, paradas e horarios.Si contamos co documento enviado pola empresa Grabanxa, que poden consultar aquí. Por parte de Monbus seguimos esperando un documento similar, se ben contamos coa confirmación verbal de que van realizar o servizo con normalidade.

Lamentamos profundamente non poder ofrecerlles información máis precisa, e pedímoslles que mañá estea o alumnado na parada  minutos antes, para evitar posibles perdas do transporte. A partir das 7:30 poderán comunicar calquera incidencia no teléfono 604 03 17 98. Pedímoslles que ao longo dos próximos días nos sigan facendo chegar incidencias e comentarios sobre a nova situación do transporte.

 

VI premio Ofelia Devesa de educación activa

Convócase o VI Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, ao que se pode presentar o alumnado do centro cunha curta divulgativa. Hai dúas categorías: para alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, e para alumnado de 4º ESO e Bacharelato. En cada unha delas entregaranse tres premios, dotados con 350, 250 e 150 euros.

Animamos a que todo o alumnado desenvolva a súa creatividade e participe neste premio. A data límite de entrega é o 29 de abril. Lembramos que o traballo presentado debe entregarse anonimamente, polo que na curta non deben figurar créditos que permitan identificar a súa autoría.

As bases da convocatoria pódense consultar neste documento.

Felicitación de Nadal da Biblioteca

Coa postal gañadora do noso concurso de postais a Biblioteca do Xelmirez II deséxabos unhas felices festas.Noraboa á gañadora e os participantes.

Visita: Saída a Sotavento

O pasado 16 de novembro, o alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas, Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo).

Logo de recibir unha explicación xeral da historia e sentido do Parque, o alumnado dividiuse en dous grupos para percorrer as instalacións acompañados polo persoal, que foi explicando polo miúdo todo canto alí se viu.

Entre outras cousas, o alumnado puido ver os elementos que se aloxan na góndola dun aeroxerador e incluso asomarse ao interior do fuste dun aeroxerador en funcionamento.

Un dos momentos máis interesantes da visita foi a entrada na vivenda bioclimática demostrativa, na que observar diversas técnicas de aforro enerxético, dende o propio deseño pasivo da vivenda (orientación, muros trombe, reaproveitamento de pluviais, etc.), ata a incorporación de instalacións enerxéticas eficientes (caldeira de biomasa, bomba de calor, etc.).

Sen dúbida, unha saída ben aproveitada. Grazas ao persoal de Sotavento.

Sotavento

Sotavento

Sotavento

Listado definitivo de solicitudes admitidas e excluídas do procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Rematado o prazo  de alegacións, comunícase a publicación, no taboleiro interior do centro, do listado definitivo de admitidos e excluídos. 

Prazo de presentación de alegacións: luns 29 e martes 30 de novembro.

Listado provisional de solicitudes admitidas e excluídas do procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Rematado o prazo para solicitar máscaras para o alumnado, comunícase a publicación, no taboleiro interior do centro, do listado provisional de admitidos e excluídos. 

Prazo de presentación de alegacións: luns 29 e martes 30 de novembro.

Proclamación de candidaturas nos sectores de alumnado, e de nais e pais de alumnado

Reunida a xunta electoral, proclama as candidaturas que figuran no documento adxunto.

O vindeiro 24 de novembro terán lugar as votacións para elixir os novos membros do consello escolar. O alumnado votará pola mañá, no horario que determine a Xefatura de Estudos. Nais, pais e titores legais votarán de 18:00 a 21:00 da tarde, de maneira presencial no centro escolar. Lembrámoslles que seguen sendo de aplicación as normas recollidas no protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a prevención da covid-19, polo que pregamos manteñan en todo momento a distancia de seguridade.

 Por outra banda, a Xunta Electoral aprobou os censos electorais definitivos, que estarán expostos no taboleiro do centro.

Distribución de máscaras entre o alumnado

Distribución de máscaras entre o alumnado.  Publicada a Orde do 28 de Outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centro docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como en centro privadas concertados no curso 2021/22.

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 26 de novembro de 2021

Máis información : Orde do 28 de Outubro de 2021

Convocatoria do proceso de elección de representantes no Consello Escolar

03/11/2021 14:20

Reunida con data de 2 novembro de 2021 a Xunta Electoral para as eleccións a representantes dos distintos sectores no consello escolar, aprobouse o seguinte calendario

-2 de novembro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro

-4 a 12 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro

-16 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobación definitiva dos censos electorais por parte da Xunta Electoral

-16 de novembro: sorteo das mesas electorais

-17 a 22 de novembro: campaña electoral

-24 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores.

-25 de novembro: proclamación de candidatos electos

Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.

No sector de nais e pais hai que  elixir dous representantes. A persoa máis votada será nomeada por tres anos, e a segunda máis votada por un ano, xa que cubre unha vacante sobrevida. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.

No sector de alumnado hai que elixir catro representantes. os dous máis votados por tres anos, e os outros dous seguintes, por un ano.

III Concurso de relatos de medo para festexar Samaín

Convocamos ao alumnado de todo o centro a participar no III Concurso de relatos de medo para festexar este Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut