Skip to Content

Visita das alumnas do “Lycée Gabriel Fauré” de Annecy (Francia)

 

Do 8 ao 14 de outubro estiveron en Santiago 9 alumnas francesas acollidas polas familias de 8 alumnos/as de 1º de bacharelato. Durante a semana asistiron as clases pero tamén poideron descrubrir parte da costa galega visitando Porto do Son, o castro de Baroña e as dunas de Corrubedo. Visitaron Santiago dando un paseo polo río Sarela, percorreron o casco histórico, subiron as cubertas da catedral e visitaron o Pórtico da Gloria.

   

 

 

Visita de 15 alumnas e alumnos do “Syddjurs Gymnasium” de Rønde (Aarhus-Dinamarca).

 

Estiveron coas familias de 13 alumnos/as do noso centro. Chegaron o 30 de setembro pola tarde e regresaron a Dinamarca o 5 de outubro pola mañá. Aínda que a súa estancia foi breve resultou ser unha moi boa experiencia tanto para eles e elas como para o noso alumnado e a súas familias. Ademais de asistir a clase, visitaron Santiago e fixeron o tramo do camiño de Lavacolla a Santiago.

             

 

 

Día das Bibliotecas Escolares

Anímate a participar nas actividades da biblioteca!

Samaín 2024 na Biblioteca

Chega o Samaín e o noso concurso!

Que non se che pase o prazo!

Curso de formación en Chipre

A pasada semana, do 25 ao 29 de setembro, dúas profesoras e un profesor do centro asistiron en Nicosia a un curso de formación dentro do proxecto Erasmus+ BYOD-learning, que ten como obxectivo a creación dunha plataforma de vídeos didácticos de matemáticas. O proxecto está xa no seu segundo ano e este curso pretende formar ao profesorado na creación de vídeos e no uso da plataforma de cara a aproveitar as súas funcionalidades. Dúas profesoras participaron como asistentes e un profesor como relator dun dos módulos do curso.

Lárnaka

Curso

Foi un pracer volver ver aos socios do proxecto, intercambiar opinións e experiencias e coñecer as realidades educativas dos países participantes no consorcio. Chipre é un país moi interesante, moi distinto de Galicia, polo que a visita tamén foi moi produtiva desde o punto de vista cultural.

Hora de ler

O luns día 16 de outubro comeza  a Hora de ler deste  curso

 

Calendario de probas para o alumnado con materias pendentes (1º trimestre).

10/10/2023 14:57

Calendario de exames de materias pendentes para o mes de novembro (1ª avaliación). Dependendo do departamento, nalgunhas materias realizaranse dúas probas escritas en lugar de tres. Consultar os correspondentes plans de recuperación.

Visita a Sint Dimpna College en Geel (Bélxica)

No contexto do proxecto Erasmus+ do noso centro, a principios de setembro o profesor José L. Martín visitou o Sint Dimpna Geel College, escola de ensino secundario integrada en KOGEKA (agrupamento de escolas de Geel e Kasterlee que engloba varios centros de secundaria, incluída unha escola politécnica na propia vila de Geel).

Realizáronse actividades de "jobshadowing" asistindo a clases de español como lingua estranxeira, química, física e lingua estranxeira inglés de 5º e 6º graos (equivalentes ao noso 1º e 2º de bacharelato). Tamén se puido visitar, na escola técnica Sint Jozef, o laboratorio de química, no desenvolvemento de prácticas de laboratorio do equivalente a un ciclo formativo de grao medio, así como os talleres de madeira e mecánica.

Paralelamente, mantivéronse reunións cos coordinadores dos proxectos europeos para a preparación dun futuro intercambio con alumnado deste centro.

Tedes un enlace a unha pequena presentación resumo: SANTIAGO VISITA GEEL_DIFUSION.pdf.

Exposición "Astrónomas" no vestíbulo do centro.

Nestas primeiras semanas do curso 2023-24, está dispoñible a exposición "Astrónomas" no vestíbulo principal do centro. Dáse así continuidade ás semanas finais do curso anterior, nos que xa estivo exposta.

Anímate a solicitar unha visita ao teu titor ou titora, ou ao profesorado de calquera materia!

O noso centro accede, a través do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller", da USC, e da profesora de astronomía Josefina Ling, ao préstamo da exposición. Están expostos os dezaseis carteis que a forman, que tratan numerosas figuras femininas relevantes na astronomía e a astrofísica a nivel mundial, e diferentes contidos relacionados con este eido científico. Cada cartel leva un código QR que podes escanear para acceder á web do proxecto "Astrónomas", que é moito máis amplo que o que se expón: https://astronomas.org/.

Entrega de libros do fondo solidario e cheques de material

A entrega fárase a próxima semana no seguinte horario:

 

4º ESO   LUNS 11 DE SETEMBRO          17:30-20:30

 

3º ESO   MARTES 12  DE SETEMBRO    17:30-20:30

 

2º ESO   XOVES 14  DE SETEMBRO       17:30-20:30

 

1º ESO   VENRES 15 DE SETEMBRO     17:30-20:30

 

A recollida de libros e cheques de material, se é o caso, debe ser feita polo pai/nai/titor/a legal do alumnado.

 

En caso de non ser posible, poderá recoller calquera outra persoa maior de idade con autorización expresa e escrita por parte do pai/nai/titor/a legal.

 

Se non poden vir no horario establecido poden chamar ao centro en horario de mañá e concertar unha hora.

 

En caso de ser varios irmáns de diferentes cursos poden vir recoller un único día (sempre o último do calendario de recollida)

 

A recollida farase na aula de audiovisuais á que se accede polo lateral do edificio.

Comezo do curso 2023/2024

ALUMNADO DE ESO (1º,2º,3º e 4º)

DÍA: LUNS 11 DE SETEMBRO. Chegada ao centro ás 8h30 e saída do centro ás 14h10. 

ALUMNADO DE BACHARELATO

1º BACHARELATO

DÍA: MARTES 12 DE SETEMBRO. Presentación ás 9h00 e a continuación actividade lectiva ata 14h10 e pola tarde de 16h20 a 18h00.

2º BACHARELATO

DÍA: MARTES 12 DE SETEMBRO. Presentación ás 10h30 e a continuación actividade lectiva ata 14h10 e pola tarde de 16h20 a 18h00.

OBSERVACIÓN: O TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ DENDE O LUNS 11 DE SETEMBRO EN HORARIO HABITUAL.

AVISO SERVICIO DE TRANSPORTE ESCOLAR

01/09/2023 18:57

O próximo luns 4 de setembro ás 11:00 realizarase un sorteo público  no que  se otorgarán as plazas libres na liña ED150622_01 ( RUTA 6: Sigüeiro) entre o alumnado de bacharelato que solicitou a parada de autobús en Sigüeiro.

A continuación publicarase nos taboeiros do centro o listado do alumnado beneficiario do servicio de transporte escolar.

 

1 I

Atención ao público en agosto

Durante o mes de agosto o centro estará pechado ao público. As urxencias atenderanse no correo electrónico ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal, e de 10 a 13 no teléfono 604 031 798.

Fondo Solidario de Libros de Texto: Listaxes Definitivas

Publicada a Listaxe Definitiva de admitidos e excluídos.

Tal como indica a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

O reparto de libros de texto e a entrega de vales de material farase en setembro, segundo o calendario que se publicará na páxina web a principios do antedito mes.

Listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023

Enlace á listaxe de alumnado admitido e excluido dos Premios extraordinarios de ESO, curso 22-23.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40593

Distribuir contido


by Dr. Radut