Skip to Content

III Premio Ofelia Devesa

 

 

O IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela convoca o III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa, que ten como finalidade promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.

BASES

 

1. Poderá participar o alumnado que estea matriculado no IES Arcebispo Xelmírez II no presente curso académico 2017-2018.

 

2. Neste curso 2017-2018 convócase o Premio na modalidade de PRODUTO AUDIOVISUAL (para traballos de 5 minutos de duración como máximo) focalizados neste tema:

 

DIVULGACIÓN DE COÑECEMENTO

 

 3. Os produtos audiovisuais responderán a algunha pregunta científica e/ou darán a coñecer algún aspecto científico de calquera campo do saber (dende os máis técnicos ata os sociais e/ou humanísticos) non “ao modo tradicional” senón sendo as/os participantes as/os propias protagonistas.

 

4. Valorarase de xeito especial non só o interese da idea que se divulga senón tamén a creatividade, a claridade expositiva e a rigorisidade científica

 

5. O material debe ser orixinal, creado especificamente para o concurso. Non poderá subirse ni difundirse por ningunha rede social ata que no se teña emitido o fallo por parte do xurado. Se o vídeo contén música, esta debe estar libre de dereitos.

 

6. Soporte. Os produtos audiovisuais poden: a) Presentarse nun pendrive, que quedará a disposición do Instituto, nos formatos máis habituais; ou b) Os concursantes poderán optar por subilo ao seu drive e compartir cunha conta de correo do centro (premio.ofeliadevesa.xelmirez.2@gmail.com).

 

7. O produto audiovisual irá acompañado dun texto explicativo dos aspectos que se divulgan. (Entre 30 e 60 liñas, letra Times New Roman 14).

 

8. Lingua: galego

 

9. Participantes. Poderán presentarse traballos audiovisuais de maneira individual ou en equipo formado por un máximo de 3 persoas.

 

10. Premios.   

Establécense dúas categorías:

           - Primeira: alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.

     - Segunda: alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

 

Premios para cada categoría:              350 Euros.                      

                                                        250 Euros

                                                        150 Euros

11. Habilítase unha categoría especial para produtos audiovisuais do profesorado. Esta categoría  ten recoñecemento honorífico pero non dotación económica

 

12. Prazo e lugar de entrega. Os traballos entregaranse ata ovenres día 30 de marzo de 2018 na oficina administrativa do IES A. Xelmírez II, dentro dun sobre que indique por fóra: “III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa” e un seudónimo identificativo. Tamén se incluirá un sobre á parte co seudónimo escrito pola parte de fóra, e no interior unha ficha co mesmo seudónimo e o nome completo da persoa ou persoas autoras do traballo, e curso e grupo no que están matriculados.

 

13. Xurado. Estará formado por cinco persoas: D. Carlos Lema Devesa (ou persoa na que el delegue), a directora do I.E.S. A. Xelmírez II, un membro do profesorado do Departamento de Artes Plásticas, un representante do colectivo de nais e pais e un ex-alumno/a do centro.

 

14. Fallo e entrega dos Premios. O xurado resolverá o fallo antes do día 20 de abril de 2018. O acto de entrega dos Premios, no que estes se farán públicos, anunciarase con antelación e publicidade suficiente. Os traballos participantes no concurso serán proxectados no IES A. Xelmírez II e poderán ser difundidos na web e redes sociais do centro.

 

15. Cómpre recoller o premio persoalmente no acto de entrega, agás falta xustificada documentalmente.

 

16. As decisións e o fallo do xurado son inapelables. A participación no Premio supón a aceptación destas bases.

AdxuntoTamaño
díptico interior.jpg1.83 MB
diptico portada.jpg1.1 MB
roll up.jpg2.03 MB


story | by Dr. Radut