Skip to Content

CHARLA DA OFICINA DE COORDINACIÓN DE TRANSPLANTES (OCT)

O mércores 3 de decembro de 2014 tivemos o pracer de ter a dúas excelentes - Marta, que é a coordinadora da Oficina, e Lola que é unha persoa que recibiu un transplante -  conferenciantes para explicarlle ó noso alumnado de 2 BACH e da materia de Antropoloxía de 1 BACH todo o referente a doazón de órganos. O certo é que charla foi magnífica. Tanto é así que o alumnado non parou de preguntar e preguntar.

Na galería de imaxes temos testimonio gráfico do evento.

Moitas, moitas gracias Marta e Lola. Dende aquí o recoñecemento de toda a comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez II pola vosa dedicación e entusiasmo.

 



story | by Dr. Radut