Skip to Content

STEMbach en Xenebra (II)

A previsión do tempo para o martes 12 non pintaba ben, e non foi mellor do esperado.

Tivemos sorte cedo pola mañá: non chovía e puidemos achegarnos á Place des Nations para ver o monumento Broken Chair e achegarnos á entrada para contemplar o Paseo das Bandeiras (desde fóra, iso si).

As obras no complexo da ONU non permiten facer unha visita guiada en boas condicións. A continuación, achegámonos ao edificio do Museo da Cruz Vermella.

   

Dado que seguía sen chover, decidimos visitar o Xardín Botánico.

   

Posteriormente, acabouse a sorte! Quixemos entrar no museo de Historia das Ciencias, pero os martes pecha...Cambio de plans, e tempo para visitar a Zona Vella e comer, pero o tempo non permitía gran cousa. Aínda así, pola tarde atrevémonos co banco de madeira máis longo do mundo, a Catedral, a súa torre con vistas e o impresionante órgano e un pequeno paseo.

Mesmo atopamos nunha chocolatería as marmitas que conmemoran o papel que supostamente tivo a Mère Royaume na defensa da cidade en 1602, victoria que se conmemora cada ano no festival L'Escalade (este ano na fin de semana previa, do 8 ao 10 de decembro).

       



page_ppp | by Dr. Radut