Admisión alumnado 2021/2022
Iníciase o prazo para solicitar admisión en centros para o curso 2021/2022
* Prazo de presentación de solicitudes de admisión
Do 1 ao 22 de marzo (Orde do 18 de decembro de 2020, D.O.G. 256, de 22 de decembro de 2020)
* Onde e como presentar a solicitude
Hai dúas opcións:
a) cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica
deberá acceder á aplicación admisionalumnado
b) Presencialmente no centro. O impreso de solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado ou ben manualmente. En todo caso hai que asinar a solicitude e entregala presencialmente no centro.
- Para acceder á solicitude en admisionalumnado debe seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
- Pode cubrir a man os impresos en galego ou en castelán. Tamén están dispoñibles no centro.
* Vacantes
Neste documento pódense consultar as vacantes no IES Arcebispo Xelmírez II para o curso 2021/2022.
* Baremo aplicable
* Alumnado de centros adscritos
Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou reserva de praza no instituto para 1º ESO ou 1º Bacharelato está admitido.
* Alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II
O alumnado que desexe continuar estudos no centro o curso que vén non ten que realizar ningún trámite.
O alumnado que desexe continuar estudos de ESO ou Bacharelato nun centro distinto o curso que vén debe solicitar a admisión nese outro centro, seguindo os pasos indicados previamente.