E chegou o entroido á biblioteca!!!
Cantas veces ó ler un libro nos sentimos protagonistas del?
Gustarianos ser ese personaxe, pertencer á súa paisaxe, ou mesmo trasladarnos a esa época. Lendo un libro podemos transformarnos noutros seres, vivir experiencias novas como se fosen propias e moitas cousas máis.
O entroido tamén nos permite cambiar de identidade por uns intres, e, por iso, quixemos xuntar as dúas cousas e crear a nosa
BIBLIOTECA DO ENTROIDO