Skip to Content

Actividades do maratón de astropartículas

Os días 14 e 16 de outubro desenvolveuse no IES Arcebispo Xelmírez II a Maratón de Astropartículas (https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/2020/10/25/maraton-de-astroparticulas/), un ciclo de charlas e actividades para o alumnado de 4º ESO (todo o alumnado) e 1º e 2º de bacharelato (de física e química e física, respectivamente) no marco da realización en Galicia desta actividade, grazas ao empeño da nosa compañeira Raquel Veira, do CPI O Cruce de Cerceda, e ao tesón da coordinadora da actividade, Mª Dolores R. Frías, que lidera este proxecto de divulgación financiado pola FECyT. Participou tamén alumnado do IES Rosalía de Castro (Santiago), co cal as actividades desenvolvérense en tres centros diferentes.

            

Entre os poñentes, ademáis da propia Dolores Frías (catedrática da UAH), participaron Luis del Peral (tamén catedrático da Universidade de Alcalá), Mario Gómez (Universidade de Huelva), Gonzalo Parente (catedrático da USC), Josefina Ling (profesora da USC), Ana Ulla (profesora da UVigo), Ramón Iglesias Marzoa (investigador do CEFCA-Observatorio de Javalambre), Víctor Tilve (investigador do CEFCA e agora profesor de FP) e Irma Riádigos (doutoranda na USC).

Moitas grazas a todos eles!



page_ppp | by Dr. Radut