Skip to Content

Charla: Pracer e sexualidade

Un curso máis, e gracias ao consello das anteriores xeracións, a psicóloga e sexóloga Noa Tilve, de Quérote+, charlou co alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH) o día 29 de outubro de 2019, sobre aspectos da sexualidade que van máis aló do meramente anatómico, do ámbito da protección fronte ás ETS ou dos embarazos non desexados.

Pracer re sexualidade

 A charla foi moi interesante porque abordou aspectos sobre os que os adolescentes o xoves non “saben” ou non “teñen” con que falar dun xeito franco, empático e sen vergoña. Ante todo falouse de respecto, de tolerancia, de autocoñecemento, e de comunicación.

Quérote + e Noa Tilve aceptaron inmediatamente a petición do alumnado.

Dado o alto grao de satisfacción que ten esta charla, dende o Departamento de Filosofía pensamos que o próximo curso imos ter que repetir a petición.

Novamente, moitas gracias, Noa. Parabéns pola túa cercanía e polo teu benfacer!

Díptico entregado ao alumnado



page_ppp | by Dr. Radut