Skip to Content

Charla de Mayte Carrillo no STEMBach

O 14 de febreiro a sesión de STEMBach correu a cargo de Mayte Carrillo de la Peña, profesora titular no Departamento de Psicoloxía clínica e psicobioloxía da Facultade de psicoloxía da USC.

Charla Mayte Carrillo

Entre outros eidos, é unha especialista na investigación en tratamentos para a fibromialxia, foi investigadora principal en diferentes investigacións nesta temática e é autora de máis de 50 artigos de investigación. Por outra parte, ten amplos coñecementos en comunicación científica, e a súa intervención co alumnado STEMBach estivo relacionada con este aspecto: a charla versou sobre como realizar comunicacións científicas de calidade: que comunicar, por que publicar e difundir os resultados das investigacións, cando facelo, caloes son os medios ou cal é a estrutura dunha publicación científica.

A presentación resultou moi interesante, e o alumnado transmitiulle á profesora Carrillo multitude de reflexións e dúbidas acerca deste aspecto crucial na actividade científica.

Charla Mayte Carrillo



page_ppp | by Dr. Radut