Skip to Content

O IES Arcebispo Xelmírez II participa nas xornadas STEMBach

O 27 de novembro tivo lugar a inauguración da xornada formativa sobre o STEMBach no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.

A conselleira de educación, Dna. Carmen Pomar, tivo unha breve intervención inicial e a continuación os asistentes puideron participar en diferentes actividades e charlas, nas que se abordaron cuestións de actualidade na ciencia, a presenza das mulleres na mesma, na actualidade e ao longo da historia, ou a presenza das pseudociencias nos medios.xornadas 

Presentación

Asistiron alumnos e profesores de diferentes centros nos que se imparte STEMBach, entre eles todas as rapazas e rapaces que cursan esta modalidade no noso centro.

O profesorado tivo tamén a ocasión de facer contactos con docentes doutros centros, así como cos coordinadores encargados nas Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo da colaboración cos centros de secundaria.

Presentación

A xornada resultou realmente intensa, xa que o mesmo 27 de novembro pola tarde, o alumnado asistiu convidado á entrega desta edición dos Premios Stephen Hawking de investigación científica, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago, o outro centro da cidade que imparte STEMBach.



page_ppp | by Dr. Radut