Skip to Content

Conmemoración do Día Internacional da Luz

O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II asistiu o 15 de maio ao acto conmemorativo do Día Internacional da Luz, para o cal Santiago foi elixido como sede o acto en España. Organizado por profesorado do departamento de Física Aplicada da USC, a través dun comité presidido por María Teresa Flores, e integrado tamén polos tamén profesores Carmen Bao e Justo Arines, e a estudante de doutoramento María Aymerich.

Día internacional da luz

As actividades contempladas foron unha serie de conferencias e obradoiros demostrativos. Así, trala apertura oficial do acto coa presenza da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o Vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, o alumnado de 1º de bacharelato científico asistiu ás ponencias de Pablo Artal (Universidade de Murcia) (Mª de los Ángeles Rol (UCM), (Luis Plaja (Universidade de Salamanca) e Mercedes Angulo (doutoranda na UCM). Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO asistiu aos obradoiros organizados, nos que puideron aprender de primeira man algunhas das propiedades da luz, experimentar con láseres en materiais fluorescentes, escoitar a apaixoante historia do microscopio de Leeuwenhoek ou ver o primeiro láser profesional do que dispuxo unha universidade española (a Complutense de Madrid, en 1969).

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos



page_ppp | by Dr. Radut