Skip to Content

Conferencia de Marcelino Agís

Conferencia de Marcelino Agís

J. GÓMEZ 
SANTIAGO / LA VOZ 03/04/2019 05:00 H
 
En institucións culturais, políticas, editoriais e outras empresas, ou museos, exercen licenciados en Filosofía, unha disciplina que vale para ensinar, a súa saída laboral máis coñecida, pero ten outras moitas posibilidades profesionais. E para que quen estuda a carreira o entenda, desde antonte un grupo de estudantes empezaron un período de 150 horas de prácticas nas sedes do Parlamento, Valedor do Pobo, Consello da Cultura ou nas fundaciones Granell e Penzol, afirma o novo decano da facultade, Marcelino Agís. A USC é a única en Galicia que ten o título de grado, máster e programa de doutoramento en Filosofía, e o mes pasado presentou o programa de seguimiento destas titulacións. Estas dúas foron as primeiras tarefas nas que se implicou con forza o novo equipo decanal. Agís acudiu onte ao IES Xelmírez II, onde explicou o seu exitoso libro A historia da Filosofía como nunca cha contaron. Dialogou co alumnado sobre a época moderna, de autores como Descartes, e a contemporánea. Dous períodos que se parecen na conciencia de que as últimas xeracións viron máis avances que en 4.000 anos de historia precedente: «Hoxe o mundo dixital xa rivaliza do real», di como exemplo.
 Ler a nova en La Voz de Galicia


page_ppp | by Dr. Radut