Skip to Content

Conferencia "Érase unha vez a Matemática Industrial"

Enmarcada dentro das actividades do STEMBach, o alumnado de 1.º de bacharelato asistiu o 24 de xaneiro á conferencia "Érase unha vez a Matemática Industrial" impartida pola profesora do departamento de Matemática Aplicada da USC María Elena Vázquez Cendón, esta profesora tamén é membro do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI), do Instituto de Matemáticas (IMAT) e do Consello da Cultura Galega, ademáis de ser a actual decana da Facultade de Matemáticas. 

Na charla disertou sobre o inicio das vocacións científicas, da primeira carta xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán, da simulación e optimización de redes de gas, da modelización do fluxo do sangue, da modelización do fluxo de tráfico, da localización de emisarios submarinos na costa galega e das escalas de peixes, ademáis de falar dun bo número de matemáticos. O alumnado puido comprobar unhas cuantas aplicacións das matemáticas dun xeito ameno e didáctico, estas charlas deben servir para que o noso alumnado pregunte cada vez menos para que sirven as matemáticas e descubra a súa beleza e utilidade.

Moitas grazas Elena.

Pódense ver máis fotos na seguinte ligazón Fotos e un vídeo en Youtube



page | by Dr. Radut