Skip to Content

Charla de Coordinación Autonómica de Transplantes

Geny, Lola e Marta

O alumnado de 2bach tivo unha charla, o martes 29 de xaneiro de 2019, organizada pola Coordinación Autonómica de Transplantes. Marta Álvarez Vázquez, enfermeira especializada nesa área explicoulle ao alumnado toda parte "técnica" que rodea aos transplantes, ámbito no que España é referencia mundial.

Tamén adentrouse nos aspectos sociais, culturais e psicolóxicos que rodean a este acto que non é só un acto médico, senón un acto de xenerosidade e soliedariedade.

Lola e Geny, dúas mulleres que tiveron que recibir un transplante relataron como foi que chegaron a necesitar un órgano novo, como foi a recuperación da intervención e como é o seu día a día hoxe.

Todo o auditorio quedou impactado e reflexionando sobre o feito de doar, sobre o feito da dar vida. O alumnado deixou ben claro que a charla debe repetirse cada ano para que as seguintes xeracións se acheguen a esta realidade e podan reflexionar sobre ela.

Moitas, moitas grazas, Geny, Lola e Marta.

Enlace ao Díptico



page | by Dr. Radut