Skip to Content

A USC xa coñece o novo bacharelato do IES Xelmírez II

A vicerreitora de titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, reuniuse con docentes e alumnado para escoitar impresións e expectativas

SANTIAGO / LA VOZ 07/11/2018 05:00 H

A vicerreitora de titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, coñeceu onte o novo bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía nunha visita ao IES Xelmírez II, un dos quince centros galegos que o implanta este curso. Vitoria Otero coordina ás tres universidades galegas en relación con estas novas ensinanazas.

Durante a súa visita reuniuse con docentes e alumnado para escoitar impresións e expectativas sobre este bacharelato, e mostrou a plena disposición á colaboración das universidades co centro. A directora do Xelmírez II, Pilar  Tobar, resalta que « xurdiron  propostas de actuación  conxuntas e de colaboración», que servirán para mellorar.

Ler a nova en La Voz de Galicia



story | by Dr. Radut