Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

V COMPETICIÓN DE ROBOTS EEI VIGO

Hoxe o alumnado de 3º e 4º ESO de Tecno acercámonos á Universidade, participando na V competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Aprendemos, xogamos e disfrutamos.

AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

OS EXAMES CORRESPONDENTES AO EXAME FINAL DA AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

SERÁN NA SEMANA DO 6 AO 10 DE MAIO.

 

Consulta no adxunto as datas.

Participamos na 1ª STEM Discovery Week

Dentro da nosa participación do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM" que o CAFI organiza, asistimos á 1ª STEM Discovery Week que organiza a European Schoolnet, organismo que congrega a todas as institucións europeas que traballan con estratexias STEM.

Nesta semana bota a andar un portal onde poden atoparse todos os centros educativos con STEM label, selo que o IESP A Cachada obtén a través da nosa participación no programa.

Se queredes ver os contidos que estamos a traballar, seguídenos no Blog Erasmus STEM.

Alumnado admitido curso 2019-2020

Listados co alumnado admitido no centro para o curso 2019-2020.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula no centro no prazo establecido na normativa.

Carballo Interplay 2019

O pasado venres 5 de abril o alumnado do obradoiro audiovisual CdA fomos a Carballo participar na programación do Festival de Contidos Dixitais CIP 2019. Coñocimos diferentes experiencias de Youtubers e escoitamos unha charla sobre mulleres desarrolladoras de videoxogos na historia. 

Sobre todo, gustáronnos un mazo as web series da tarde. Fotos da xornada

 

CIP 2019

EspazoFamilias Boiro

Como sabedes, varios representantes de centros educativos do concello vimos de conformar a Asociación EspazoFamilias Boiro, coa finalidade de dar resposta á necesidade sentida polas comunidades escolares de promover novos espazos e tempos para o diálogo e a reflexión educativa entre dous axentes claves: a  Familia e a Escola. Entendemos que é  moi importante coordinarnos para  brindarlle ás diferentes familias a posibilidade de participar e compartir  actividades formativas que lles faciliten os coñecementos, as estratexias, os instrumentos e  o apoio  para facer fronte aos novos desafíos educativos da sociedade actual.

 

Sabendo que isto responde ao interese colectivo, queremos insistir na importancia da participación no vindeiro EspazoFamilias que terá lugar o 11 de abril "A adolescencia e drogas:  botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. Que debo saber como pai/nai" na Casa da Cultura Ramón Martínez López ás 18:00 horas.

 

Esperámosvos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut