Skip to Content

Visita á Illa de San Simón, 6/11/17

O pasado martes 6 de novembro fomos á Illa de San Simón para coñecer un bo anaco da historia do noso país: a lírica galego-portuguesa, a batalla de Rande, a política de Lazaretos, o uso da illa como cárcere na Guerra Civil…

Illa de San Simón, 6/11/17

De paso, paramos para ver in situ as obras de ampliación da ponte de Rande: sabíades que é a primeira ponte de tirantes en ser desdobrada no mundo?

Así o conta Ana Pimentel, de 3ºD:

O pasado Martes 7 de novembro, os alumnos de 3º da ESO visitaron a Ponte de Rande, a Illa De San Simón e a vila de Pontevedra coa fin de que rapaces se achegaran á literatura galega medieval conectando a natureza coa literatura, se integraran nas diversas áreas de aprendizaxe e fomentaran o pensamento critico a partir dos diversos usos que tivo a illa.

Pola mañá os alumnos e alumnas foron visitar a innovación da inxienería civil, a Ponte De Rande, que é a primeira ponte atirantada desdobrada do mundo e une os municipios de Redondela e Moaña.

Sobre as 12 do mediodía. os rapaces colleron un barco e foron á Illa De San Simón. Esta illa é moi importante por ser o marco espacial dunha das máis fermosas cantigas de amigo dos nosos cancioneiros: ”Sediam’eu na ermida de San Simón” do trabador Mendinho. Asemade, tamén destacan os trobadores Xoán de Cangas e Martín Códax, autor de Pergamiño Vindel. Esta illa tamén ten una importancia especial na novela que teñen que ler os alumnos este trimestre, Noite de Voraces Sombras, de Agustín Fernández Paz.

A Illa de San Simón, que está catalogada como Ben de Interese Cultural dende 1999, foi, ao longo da súa historia, empregada como mosteiro, lazareto, que era un hospital onde se trataban aos leprosos que viñan de todas as partes do mundo, en especial de América tamén foi unha cárcere durante os anos 1936 e 1941, coincidiu ca Guerra Civil Española, e máis tarde foi un fogar para nenos orfos. Nela, tivo lugar a Batalla de Rande e foi escenario da obra de Julio Verne, titulada “20000 leguas de viaje submarino”.

Na hora do xantar, un grupo de alumnos estivo grabando un vídeo por toda a illa que en beves poderes ver. O resto do alumnado disfrutou da comida no magnífico entorno narural que ten a Illa de San Simón.

Ao acabar de grabar, o barco levou aos rapaces á terra, e como lles sobrou tempo, os profesores organizaron unha visita exprés á vila de Pontevedra. Ao chegar á Pontevedra, os alumnos disfrutaron de formas moi diversas da cidade: uns quedaronse a charlar na alameda, outros tomaron uns xeados, outros estivéronlles dando de comer ás pombas da praza, etc.



blog | by Dr. Radut