Skip to Content

STARgal 16

O proxecto STARgal consistiu na organización dunha mostra e competición de produtos TIC (probas de robótica, videoxogos, curtas, etc) elaborados de acordo co establecido no Contrato Programa STARcach. As “olimpíadas” STARgal encadráronse na programación das Letras Galegas, e artelláronse en dúas modalidades:

RañaSTARgal, adicado á programación e robótica, desenvolveuse tanto no noso centro (a continuación explicamos as probas) como online: todos os institutos de Galicia puideron participar xogando a 4 videoxogos que foron publicados no noso Blog STARgal: Pasapalabra, Pasapalabra Manuel María, Auga Ben-dita, Camiño de Santiago: pelegrín vs meigas (este é o enlace onde gardamos os videoxogos

 

  OlloSTARgal, adicado ó audiovisual: publicamos unha preselección de 10 poemas de Manuel María, e o día 10 de maio sorteouse entre eles para elixir aquel sobre o que se podía facer un videopoema. O tempo era ata as 24:00, e os produtos feitos habían de ser inscritos nun formulario habilitado na páxina do STARgal. O mellor videopoema tivo un premio económico directo, e os seus creadores accederon á formación impartida no Encontro Olloboi


Neste vídeo pode verse un resumo do conxunto de actividades que derivaron no STARgal


Ó longo de toda a mañá do 10 de maio, o alumnado foi pasando polas diferentes estacións, onde tiñan que enfrontarse a retos diversos. Para isto, dividimos as aulas en 2 grupos (A e B) e asignamos 2 sesións a participar na mostra: as 2 primeiras horas foron para os 1ºs, as horas do medio foron para os 2ºs e as últimas horas foron para os 3ºs e 4ºs; o resto das horas adicáronse a ir ver a obra de Teatro "Ensaiade, ensaiade malditos", froito do noso obradoiro Roberto Vidal Bolaño (baixo a dirección de Tero Rodríguez) e a clase normal:



Xestionar o STARgal non foi fácil: mentres durante unha sesión o grupo A xogaba ós 4 videoxogos da competición (rañaSTARgal, habilitando para isto 4 aulas de ordenadores, ó tempo que se penduraba todo neste mesmo blog), na outra sesión participábase no resto das probas (esparexidas por todo o instituto). En cada posto, unha parella de monitor@s do STARcach controlaban o bo funcionamento da competición, e asignaban puntos ós participantes.
Este foi o reparto de tarefas:


Cada alumn@ tiña un cartonciño para anotar os puntos que ía facendo en cada proba, que consistían:

  • RañaSTARgal: xogar por parellas nos 4 videoxogos que se propoñían. Un pasapalabras con vocabulario xeral en galego, outro relacionado co poeta Manuel María, un xogo gramatical e outro de habilidade. Había DOUS intentos por videoxogo, e o tempo total son 40 minutos. Amosando o resultado ós xuíces da proba participábase, xunto ó resto de Galicia, na competición para gañar un fantástico robot Mbot!
  • Manuscope: o grupo escollía dous portavoces, que entraban no noso "plató futurista" e retransmitían, en riguroso directo, vía Periscope-Twitter (@iesacachada) un noticieiro do 2026: o telexornal que lle gustaría oír a Manuel María. Cada xornalista elixido/a levaba 1 punto
  • Poevisor: reciclamos un televisor TRC para esta singular videoinstalación onde descubrir a vocación artística de compañeir@s do noso insti. Neste posto había que votar polo videopoema que máis lles gustaba
  • Perdido na Terra Cha:  un videoxogo de pulso utilizando o software Leap Motion: "a carteira que lle vai levar a Manuel María a nova do seu premio das Letras Galegas está desorientada nesta rexión sen grandes altitudes. Tén que chegar a Outeiro de Rei pero despístase, e  cada vez que se sae do carreiro volve a Santiago. Axudádelle a atopar o camiño co voso pulso!"
  • Makey rumoroso: esta proba require de certa sensibilidade musical e moita rapidez: en equipos de 6 persoas tiñan que lograr tocar o Himno Galego cunha peculiaridade: as teclas eran eles mes mesmos!  Para isto utilizouse o hardware do Makey Makey
  • Limpa e dá esplendor: este foi un xogo de coñecemento e rapidez, combinando o Scratch e a webcam: en pantalla aparecían parellas de escritor@s e había que “limpar” ós que non levaron as Letras Galegas. Como? fregando a pantalla!!
  • Poetdron: proba de habilidade con robots Mbot e drones. Consistía en "axudar" ó poeta Manuel María a facer o percorrido Boiro-Outeiro de Rei, valéndose dos aeroportos de Santiago e Castro de Rei. Pintamos un gran mapa no chan, e o xogo fixo as delicias de todo o mundo!
 
En cada posto había un cartel explicativo comao que sigue (aquí todos xuntos)
 
 

 



page | by Dr. Radut