Skip to Content

blogue dedigna

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

As materias de LATÍN E ORATORIA de 3º e 4º NON teñen libro.

O alumnado que deba mercar o libro de Lingua Castelá de 4º ESO que agarde a setembro.

Adxunto como pdf a listaxe completa dos libros para cada curso.

Comunicado IES A Cachada

O pasado mércores 21 de xuño, último día do curso, apareceron en varios puntos do noso centro pintadas lgbtifóbicas contra un profesor do noso claustro, impulsor este ano da creación do Equipo de Apoio LGBTIQ.

Desde o IES A Cachada condenamos enérxicamente toda forma de violencia contra o colectivo LGBTIQ. Non imos tolerar nin a máis mínima manifestación de odio contra ningún membro da nosa comunidade educativa e, no caso de se volver a producir, a sanción será contundente e exemplarizante.

A partir de setembro no IES A Cachada continuaremos a traballar, como xa temos feito nestes anos, na construción dunha sociedade máis tolerante e sensibilizada con todas as formas de diversidade. A Cachada debe ser e será un lugar seguro para as persoas LGBTIQ.

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público durante o mes de xullo será de 09:30 a 13:30 horas.

CENTRO PECHADO LUNS 3 DE XULLO

Boa tarde, o instituto estará pechado o luns 3 de xullo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut