Skip to Content

Comunicado IES A Cachada

O pasado mércores 21 de xuño, último día do curso, apareceron en varios puntos do noso centro pintadas lgbtifóbicas contra un profesor do noso claustro, impulsor este ano da creación do Equipo de Apoio LGBTIQ.

Desde o IES A Cachada condenamos enérxicamente toda forma de violencia contra o colectivo LGBTIQ. Non imos tolerar nin a máis mínima manifestación de odio contra ningún membro da nosa comunidade educativa e, no caso de se volver a producir, a sanción será contundente e exemplarizante.

A partir de setembro no IES A Cachada continuaremos a traballar, como xa temos feito nestes anos, na construción dunha sociedade máis tolerante e sensibilizada con todas as formas de diversidade. A Cachada debe ser e será un lugar seguro para as persoas LGBTIQ.

AdxuntoTamaño
A situación do colectivo LGBTIQ no IES A Cachada _230703_223305.pdf96.12 KB


blog | by Dr. Radut