Skip to Content

blogue degloria.smolinos

Entroido 2023

entroido está a piques de asomar no @iespacachada e dende o equipo de biblioteca queremos botar a andar un novo protocolo: o DETECTOR DE ABURRIDOS!

 

Non te fagas o despistado e participa coa túa mellor cara!. Se non a tés, non pasa nada! podes inventala!, que para iso é o Entroido. O que non podes esquecer é o sorriso

 

E recorda… 

 

Nadal con AMICOS

O pasado 21 de decembro, recibimos a visita de Amicos, unha asociación sen ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

Pasamos un tempo estupendo realizando un obradoiro de decoración de Nadal, falando, coñecéndonos rindo… Ata tivemos merenda e actuacións musicais. Estamos desexando repetir! Grazas Amicos!

 

Visita de Nadal ao Centro de día

Visita de Nadal ao Centro de Día

 

O pasado 21 de decembro, fomos de visita ao Centro de Día de Boiro para agasallar aos nosos maiores cunhas manualidades que fixemos e cos nosos mellores desexos.

 

25 N - A Patela dos Libros

Para conmemorar o 25 N, dende a Patela dos Libros este ano levamos a cabo a realización de varias actividades: - Levamos a cabo o II Certame de Poesía - Representamos mediante unha serie de dioramas, diversas escenas seleccionadas polo Equipo da Patela dos Libros, do libro: "SI ES AMOR, NO DUELE" (Pamela Palenciano, Iván Larreynaga). Deixámosvos unhas fotiños dos dioramas representdos. Agardamos que vos guste!Sorriso

 

Sanmaín na Patela dos Libros

Este ano polo Sanmaín, estrenamos unha nova forma achegar diversas lecturas ao noso alumnado, por medio da presentación de dioramas que representan as escenas de diversas obras.

Uns días antes, deixamos os dioramas sen o título e presentámolas no instagram para que a comunidade educativa do IES se animara a averiguar de que títulos se trataban. Días despois, acompañámolas das obras representadas, así como un stand con diversas lecturas temáticas.

Aquí vos deixamos unhas fotiños... que ao fin e ao cabo, unha imaxe vale mais que mil palabras Risa

Todos estes títulos e mais, están agardándovos na Patela dos Libros!  


 

II Certame de Poesía 25N

descarga o pdf adxunto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut