Skip to Content

Nadal con AMICOS

O pasado 21 de decembro, recibimos a visita de Amicos, unha asociación sen ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

Pasamos un tempo estupendo realizando un obradoiro de decoración de Nadal, falando, coñecéndonos rindo… Ata tivemos merenda e actuacións musicais. Estamos desexando repetir! Grazas Amicos!

 



blog | by Dr. Radut