Saltar navegación.
Inicio

Sociedade, Música, Seccións, Cine, Deporte, Turismo, Literatura, Plástica, Ciencia

Unha usuaria de honra na Biblioteca municipal de Narón

Lovette e Merchi

18/01/2017

A nosa alumna Lovette Diatta Diatta (1º de ESO) é unha das dez usuarias/os de honra 2017 da Biblioteca municipal de Narón. O pasado 14 de xaneiro, houbo unha pequena homenaxe aos usuarios/as máis activos nesa biblioteca durante o pasado ano, que foi presidida pola concelleira de Ensino Mercedes Taibo. Parabéns, Lovette!

Pódese ampliar a información no correspondente artigo do 15 de xaneiro no Diario de Ferrol.

Usuarios de honra 2017 na Biblioteca de Narón

8itodifunde: Suxestións de lectura para este verán

Estante árbore

15/06/2016

Se che gusta ler, aquí deixamos unha ligazón cunha lista de libros recomendados polos Correspondentes Xuvenís doutras escolas:

xuventude.xunta.es/uploads/libros.pdf

Semana de Mobilidade e Seguridade Vial en Narón

19/05/2016

Con motivo da Semana de Mobilidade e Seguridade Vial (entre o 23 e o 27 de maio) organizada polo Concello de Narón, catro alumnas de 5º A de Primaria (Jimena De Miguel Leonardo, Alba Díaz Vigo, Carla Fernández Rodríguez e Nerea Freire Castro) fixeron o pequeno vídeo que publicamos agora (coordinado por Juan Carlos Bedia).

Educación Vial

Vacacións en Paz

Vacacións en Paz 2016

02/05/2016

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui quere agradecer a colaboración das familias do CPI do Feal no Programa de acollida de nenos e nenas refuxiados saharauis de 2016, tras unha recadación de 323€ no noso centro.

Centros de acollida de animais na comarca de Ferrolterra

21/02/2016

Estes son os centros e refuxios de acollida de animais da zona de Ferrolterra. Deixámolos a disposición de todos vós por se alguén se anima a adoptar un compañeiro ou compañeira, ou por se atopades algún animal abandonado.

Lembrade que un animal non é un xoguete. Cando o adoptamos ou o mercamos, pasa a formar parte da nosa familia e temos que responsabilizarnos do seu coidado e benestar.

Premio literario no Concello de Ames para Aldara Castro Meizoso

Aldara Castro Meizoso
 

26/05/2015

No Feal hai tempo que sabemos o moito que vale a nosa alumna Aldara Castro Meizoso (4ºESO). Desde hai unhas semanas, tamén o saben no Concello de Ames, onde conseguiu un segundo premio cun dos seus poemas. Este Certame Literario, que vai pola duodécima edición, é xa un concurso de referencia dentro do mundo da poesía e a narrativa galegas, no que pode participar calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Establécense tres categorías –infantil, xuvenil e adulta–. Parabéns, Aldara!

 

O CPI do Feal aparece no novo vídeo de Simple Minds

12/12/2014

Aínda que poida resultar desconcertante, O Feal aparece no novo vídeo dos escoceses Simple Minds (Let the day begin) durante uns segundos. Para os máis curiosos, pódese atopar a explicación deste sorprendente feito na web oficial de Simple Minds.

Premiad@s do Feal na Gala do Deporte de Narón 2014

Gala do Deporte de Narón 2014

 02/12/2014

Aínda que cun pouco de retraso, temos que felicitar aos nosos alumn@s Cristian Dopico (2º de ESO), Ainhoa Lechuga (4º de ESO) e Samanta Teijeiro (2º de ESO) polos seus premios na Gala do Deporte de Narón celebrada o pasado 21 de novembro no Pazo da Cultura. Cristian obtivo dipoloma en Xadrez, Ainhoa diploma en Natación Sincronizada e Samanta (xunto co seu irmán e ex-alumno do Feal Adrián Teijeiro) trofeo en Scalextric.

BMX street do Feal

 

01/12/2014

Non perdades as acrobacias coa bici do noso alumno de 4º de PDC Moisés Maroño. As imaxes están gravadas en diversas localizacións de Narón e Ferrol, e nelas tamén aparecen os seus amigos Jesús Miguel Alonso e Carlos Filgueira Fernández.

Un vídeo de temática similar, pero menos urbano (do escocés Danny Macaskill):

Campión galego de karate no Feal

Kevin

28/10/2014

No Feal temos o actual campión galego de karate na categoría de cadetes! Parabéns ao noso alumno de 3º de ESO B Kevin Pazos Romero, que acadou este título o pasado 18 de outubro, no pavillón da Malata. E sorte no campionato español de novembro!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido