Saltar navegación.
Inicio

Sociedade, Música, Seccións, Cine, Deporte, Turismo, Literatura, Plástica, Ciencia

Arte con area

 

Mercedes Taibo, 04/12/2009

É incrible o que se pode facer con luz e area. O que escenifica esta artista é a invasión de Ucrania durante a segunda guerra mundial.

Infoxicación

Piratas nos caladoiros

Mercedes Taibo, 30/11/2009

Sempre é saudable ver unha noticia dende diferentes ángulos, por exemplo no caso do problema da costa de Somalia:

www.diagonalperiodico.net/Una-vision-distinta-de-los-piratas.html

2012

 

Cynthia Saura, 03/12/2009

Esperemos que o noso planeta non quede destrozado en 2012 como supón esta película, aínda que se seguimos con este ritmo de vida vai acabar sucedendo. A película ten moitísima acción e visualmente é impresionante. Non deixedes de vela.

 

Nota do coordinador da web:

Agradecemos moi especialmente recibir artigos escritos polo noso alumnado, neste caso Cynthia de 4º de ESO B.

A celda 211

 

Marisa Agulló, 19/11/2009

Anímome a recomendar esta película a aqueles que crean aínda, no cine español, tan denostado sempre, en detrimento das grandes superproducións americanas. A peli, cun tema aparentemente sinxelo "un motín nunha cárcere española" (non vou desentrañar o argumento), con visos de ser un ladrillo, engánchate dende a primeira escena (recorda a Buñuel) e vaite somerxendo na trama ata o final. Puro cine social, presentando unha galería de retratos da vida real. Por unha banda, os integrados na nosa sociedade de liberdade e por outro os do mundo marxinal, privados dela. Sen darte conta, a trama vaite levando por un camiño no que te das de conta da fraxilidade da liña que separa eses mundos, da relatividade dos actos humanos, da fortaleza de lazos como a amizade, incluso entre persoas antagonistas...

Tecnicamente, está moi ben construída, usando fundamentalmente diferentes planos dunha cárcere e primeiros planos dos actores, que fan actuacións redondas, destacando o galego Luis Tosar, a mi modo de ver nun dos seus mellores papeis. Ah! non me esquezo da música.

Podería seguir falando dela pero non é cuestión. Merece a pena acercarse ao cine. Para min foi unha auténtica sorpresa.

El secreto de sus ojos

 

Marisa Agulló, 18/10/2009

Película baseada nunha novela que, por certo, non tivo apenas transcendencia e que o director de cine arxentino Campanella fixo súa, evidentemente cun guión adaptado.

Dende esta páxina, atrévome a recomendala a aqueles que lles guste o cine, non só como entretemento senón como unha ventá máis, aberta á vida.

Dentro dun contexto histórico moi específico, a Arxentina dos anos 60 e 70, a trama está centrada na investigación dun crime non resolto, ocorrido tempo atrás, iniciada ésta por un secretario xudicial que xa chegou á xubilación. Pero a trama, "vista cos meus ollos" é una desculpa para tratar un tema atemporal, o do Amor, coas súas diferentes caras e consecuencias; así vemos un amor truncado que provoca vinganza, un amor imposible que deriva en silencio, unha amizade detida que leva á fuxida...

Os actores, tanto Ricardo Darín, moi recoñecido en España, Soledad Villamil e todos os secundarios dannos unha espléndida lección de interpretación.

Espero que vos guste.

Ágora e Cosmos

 

Ángel Carrera, 12/10/2009

Xa sei que Ágora -a última película de Alejandro Amenábar- non necesita máis promoción, pero despois de vela, decidín apoiala tamén dende esta pequena web polos seus valores didácticos.

Aínda que atopei máis loitas e menos diálogos do que esperaba, loxicamente conmoveume a maiúscula inxustiza histórica que se conta (máis alá da vida da protagonista), pero tamén os seus coidados recunchos sobre a Historia da Ciencia.

Esta película está inspirada nun libro que foi decisivo na visión do mundo de Alejandro Amenábar (e por qué non dicilo, tamén na miña): “Cosmos” de Carl Sagan. Os que xa teñades unha certa idade, lembraredes a versión televisiva da mesma idea, que tamén se pode conseguir en DVD.

Carl Sagan, igual que a protagonista de Ágora (Hipatia), foi un gran científico sen crenzas relixiosas. Na súa obra “Cosmos” contou a Historia da Ciencia a través da Astronomía dun xeito apaixonante e subliñando os principais episodios nos que os máis fanáticos inimigos da Ciencia acadaron os seus obxectivos, normalmente en nome dalgunha divindade ou mito e normalmente derramando sangue.

O pop volve a ser desterrado da Televisión de Galicia

Banda Curta

Ángel Carrera, 01/10/2009

Estaba cantado, a vida do programa musical "Banda Curta" foi iso: curta. A principios de 2009, celebrabamos nesta web que despois de nove anos de seca, nacía un novo programa especializado na música pop/rock na nosa televisión pública. Chegara xa nos últimos días da anterior lexislatura, e cos cambios na Xunta desapareceu inmediatamente. O programa tiña aspectos mellorables, pero facía moi dignamente o seu papel. Sobrevive “Miraxes”, que dedica unha pequena parte do seu elegante espazo cultural á música.

Os seguidores/as de “Luar” e “Alalá” poden estar tranquilos, porque esa parte da música ten corda para rato na televisión pública galega (goberne quen goberne).

Día da Bici en Narón

Triciclo xigante

24/09/2009

O próximo domingo 27 de setembro, terá lugar unha concentración de bicicletas no paseo marítimo de Xuvia organizada polo Concello de Narón. Ás once da maná, os participantes partiran de alí para percorrer unha ruta duns doce quilómetros que pasará por exemplo pola estrada de Castela.

Aerofesta 2009 en Narón

Xornadas Aéreas 2009

05/08/2009

Un ano máis, os nosos amigos do club de aeromodelismo "A Pombiña" de Narón organizan o seu festival de verán na pista de Pedroso, esta vez o 22 e o 23 de agosto.

Podedes ampliar a información na páxina web do club e consultar a situación da pista de Pedroso aquí. Aínda que só hai festival unha vez ao ano, podedes achegarvos á pista calquera fin de semana, que seguro que hai actividade.

Falece a concelleira de Cultura e Ensino de Narón

14/07/2009

Onte sorprendeunos a todos a noticia do falecemento de Manuela Pérez Sequeiros, a concelleira de Cultura e Ensino de Narón. A colaboración de Manuela co CPI do Feal durante os seus anos á fronte da Concellería foi moi importante e queremos expresar a nosa condolencia tamén dende este espazo.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido