Actividades complementarias e extraescolares
Os vídeos do confinamento
- Ariadna de 6º B de Primaria interpreta Bohemian Rhapsody (25/06/2020)
- Vídeos do fin do curso en Infantil e Primaria (19/06/2020)
- Os efectos encadeados de 2º de ESO (07/06/2020)
- Os Maios 2020 de 1º de Primaria (01/06/2020)
- ¡Por fin el encuentro!, feito por Claudia Zhu de 2º de ESO (22/05/2020)
- O novo camiño sensorial do corredor de Infantil (20/05/2020)
- Homenaxe aos avós e avoas de 1º de Primaria (17/05/2020)
- 3º de Primaria volve ás rúas (11/05/2020)
- As bombillas caseiras de 2º de ESO (07/05/2020)
- As mestras de Infantil contan A Casa da Mosca Chosca (07/05/2020)
- Agradecemento ao persoal sanitario desde 1º de Primaria (25/04/2020)
- Unhas vacacións diferentes en 3º de Primaria (19/04/2020)
- Infantil queda na casa (16/04/2020)
- 1º de Primaria cóntavos chistes (10/04/2020)
- Día da Auga 2020 en 1º de Primaria (01/04/2020)
- Mensaxes para Infantil (30/03/2020)
- Mensaxe de 3º de Primaria (26/03/2020)
- Mensaxe de 1º de Primaria (26/03/2020)
Entroido 2020
01/03/2020
Ademais deste breve resumo en forma de vídeo do noso Entroido 2020, tamén é posible ver as fotos no álbum Entroido 2020 da nosa Galería.
Aproveitamos para informar de que trala actualización do software da nosa Galería de imaxes (feita pola Consellería a comezos de 2020), xa estamos subindo as fotos sen reducir o tamaño (aínda que para acceder ao arquivo orixinal é necesario pasar previamente pola miniatura e por outra imaxe intermedia).
E grazas especiais á Policía Local de Narón, pola súa colaboración audiovisual!!
Conto polo Día da Paz para Infantil e 1º de Primaria
05/02/2020
O pasado xoves 30 de xaneiro, conmemorouse no noso centro o Día da Paz e a Non Violencia. O alumnado de Educación Infantil e de 1º de Primaria asistiu á súa Biblioteca para escoitar o conto "Mi lado de la bufanda", interpretado por dúas das nosas mestras: Vanesa e Thais.
Photocall de Nadal
21/12/2019
O pasado xoves, boa parte do noso alumnado pasou polo Photocall de Nadal que tiñamos na entrada. Deixamos aquí algunha das imaxes que recolleu a nube de móbiles.
Saída de 3º de ESO a Goente e A Capela
27/12/2019
O pasado 19 de decembro, o alumnado de 3º de ESO visitou a Casa do Mel de Goente e o Museo Etnográfico de A Capela.
Poñendo nome aos nosos corredores
15/12/2019
O pasado 4 de decembro, no Feal tivemos unha xornada electoral para poñerlle nome aos corredores de Infantil e Primaria. Durante o mes de novembro, os nenos e nenas de Infantil e Primaria do Feal escolleran unha palabra ou expresión en galego que lles gustaría para representar ao seu corredor. Cada aula decorou a súa porta coa proposta elixida, e o alumnado involucrouse nunha auténtica campaña electoral.
O día 4 de decembro constituíronse mesas electorais, e todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de exercer o voto por aquela proposta que máis lles gustase.
Os nomes gañadores son:
- Corredor de Educación Infantil: Rúa dos Poliños (proposta dos nenos e nenas de 3 anos).
- Corredor de 1º e 2º de Primaria: Rúa dos Parrulos (proposta dos nenos e nenas de 1º A).
- Corredor de 3º, 4º e 6º D de Primaria: Rúa das Meigas (proposta dos nenos e nenas de 6º D).
- Corredor de 5º e 6º de Primaria: Rúa da Imaxinación (proposta dos nenos e nenas de 6º B).
No mes de xaneiro, terá lugar a inauguración das placas conmemorativas desta interesante xornada electoral no CPI do Feal.
Manifestación contra a violencia de xénero
27/11/2019
Achegamos un pequeno vídeo sobre a manifestación do noso centro en contra da violencia de xénero, que tivo lugar o pasado 25 de novembro.
Ademais, podedes ver algunhas fotos desta actividade no álbum 25N 2019 da nosa Galería.
1º de Primaria en Aldea Nova
19/11/2019
O pasado venres 15 de novembro, os nenos/as de 1º de Primaria visitaron Aldeanova. Ao chegar, fixeron unha visita guiada pola Casa do Museo, e realizaron moitas actividades: No Taller de Lá aprenderon a escarpizar, cardar e fiar a lá; no Taller de Reciclaxe elaboraron papel reciclado; e no Taller de Astronomía visitaron un planetario hinchable onde observaron as constelacións e os planetas.
Magosto 2019
17/11/2019
Este ano, a meteoroloxía non xogou a favor do noso Magosto: nin o día de Infantil e Primaria, nin o de Secundaria. Así que quedamos no patio cuberto, sen máis actividades que comer castañas e beber leite.
Visita a Exponav de 1º de Primaria
15/11/2019
O pasado venres 8 de novembro, o alumnado de 1º Primaria visitou a exposición do Museo Naval de Ferrol (Exponav), onde @s nen@s ampliaron os seus coñecementos sobre os contidos do proxecto A volta o mundo. Aprenderon como era a vida nos navíos daquela época, viron unha maqueta do barco Sebastián Elcano, e puxeron en funcionamento unha hélice... Pasámolo en grande!
Nota: Podedes ver algunha imaxe máis no álbum Ferrol 2019 da nosa Galería.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com