Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Actividades complementarias e extraescolares

Surfeando en Pantín

Surf 2015Fai clic para ver máis fotos

30/06/2015

O pasado 18 de xuño, un grupo de 4º de ESO achegouse á praia de Pantín co profesor de Educación Física Víctor Novo, para iniciarse no deporte do surf. A actividade estivo organizada por Alawa Surf Camp, e agora publicamos unha selección de fotos: vinte e tres feitas pola nosa (xa ex) alumna, Aldara Castro (coa cámara da súa compañeira Carla Santalla), e sete polo monitor do mencionado club de surf, David Pardo. 

Imaxes do Festival Fin de Curso 2015

Pazo 2015Fai clic para ver máis fotos

25/06/2015

Na nosa galería, podedes ver fotos do Festival Fin de Curso 2015 feitas por Sonia Álvarez (xunto con algunha da rodaxe do vídeo de despedida de 4º de ESO). Ademais, xa están publicados todos os vídeos gravados durante o festival por Montse Lorenzo na seguinte lista de reprodución de YouTube:

Xornada do Deporte 2015

Inchables 2015Fai clic para ver máis fotos

18/06/2015

Esta mañá, celebramos un ano máis a Xornada do Deporte no Feal (para o alumnado de Infantil e Primaria). O profesor Alberto Casal trouxo numerosos xogos tradicionais, e contratáronse dous vistosos inchables en colaboración coa ANPA.

Xogos tradicionais 2015

Manzaneda 2015

Manzaneda 2015

14/06/2015

José Manuel Timiraos envíanos imaxes da recente visita do noso alumnado de 6º de Primaria a Cabeza de Manzaneda, que tivo lugar entre o 27 e o 29 de maio. Os dous grupos de 6º estiveron acompañados polos sus titores Nacho Rodríguez e Isabel Derungs, que queren agradecer aquí todo o traballo de xestión da viaxe realizado pola ANPA do Feal.

Londres 2015

Londres 2015

Fai clic para ver máis fotos

23/05/2015

Entre o 11 e o 15 de maio, un pequeno grupo de alumn@s de 1º e 2º de ESO (pertencentes á Sección Bilingüe de Educación Plástica e Visual) visitou a cidade de Londres. O grupo estivo acompañado polas profesoras Sonia Álvarez e Eva Mesejo, e a experiencia foi moi positiva. Iso si, perdéronse por accidente as fotos que se fixeron coa cámara do centro. De todas maneiras, publicamos algunha das fotos que nos enviaron Eva Mesejo e Gabriel Pardo na nosa galería.

Visitas aos museos coruñeses

6-5-2015

23/05/2015

Durante o mes de maio, houbo visitas aos museos coruñeses tanto de alumnado de Primaria como de Secundaria. O día 6, 2º de ESO visitou CASACIENCIAS, mentres que o 18 tocoulle a 3º e 4º de Primaria (neste caso tamén houbo tempo para o acuario e a Domus). Podedes ver algunha foto máis destes días no álbum "A Coruña 2015" da nosa galería.

18-5-2015

Cataluña 2015

Cataluña 2015Fai clic para ver máis fotos

13/05/2015

Publicamos unha selección de fotos da viaxe de 3º e 4º de ESO a Cataluña, que tivo lugar a primeiros de maio. O alumnado estivo acompañado por José Piñón e Andrés Cendán, e fixeron a ruta habitual por Salou, PortAventura, Reus, Tarragona e Barcelona.

Móvete +

10/05/2015

Durante o presente curso, o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria participou nunha iniciativa da Consellería de Educación chamada "Móvete +", orientada a estimular o exercicio físico de novas maneiras. Unha das actividades deste programa, consiste nunha coreografía que os rapaces estiveron practicando nas clases de Educación Física coa profe Susana Santalla. Agora publicamos un pequeno vídeo que recolle tomas desta actividade durante o mes de abril. Esperamos que sirva para animar a bailar ao resto do Feal. Para cando un "Móvete +" de profes?Risa

Marcha ciclista 2015

Marcha ciclista 2015

08/05/2015

O noso alumnado de 3º a 6º de Primaria participou esta mañá nunha nova marcha ciclista organizada polo Concello de Narón, e que chegou ao paseo marítimo de Xuvia. Ademais de bicicletas, do noso centro tamén saíu algún vehículo cun sistema de pedaleo menos habitual.

Marcha ciclista 2015

Un "cuentero" no Feal

Nicolás Buenaventura

19/03/2015

Esta mañá contamos no noso colexio coa presenza de Nicolás Buenaventura, un contador de historias colombiano. Presentou os seus relatos tradicionais, moitos deles lembrando historias que contaban os seus antepasados, ao alumnado da ESO.

Como en anos anteriores, esta visita enmárcase no Encontro Internacional de Narración Oral de Narón (Conta con Narón). Xunto a el, no Pazo actuarán tamén Amancio Prada, Pablo Albo e Antonio López. A cita é hoxe mesmo ás 20:30 h.

Nicolás Buenaventura

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido