Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

3º de ESO en Pontedeume

Pontedeume 2021

25/06/2021

O pasado 22 de xuño, estaba previsto que 3º A e C da ESO percorresen o río Grande de Xuvia desde a desembocadura ata Pedroso, pero as intensas chuvias dos días anteriores fixeron que buscasemos alternativas, e finalmente paseamos un pouco por Pontedeume, rematando cun chocolate con churros. Pola banda do profesorado, foron as titoras Cristina e Daniela (con Conchi de invitada), Montse, Sandra, Yolanda e Ángel. Deixamos algunhas fotos no álbum "Pontedeume 2021" da nosa Galería de Imaxes.

Pontedeume 2021

Día da Muller 2021

08/03/2021

Así celebrou o Día da Muller 2021 o noso alumnado de 4º de Primaria: co Pirimpinpín.

Aproveitamos para facer un pequeno xogo sobre a muller na música. Achegamos unha microentrevista (menos dun minuto) emitida recentemente en TVE. Trátase de escoitar a pregunta do entrevistador (Rayden), pausar o vídeo para pensar cal sería a resposta da entrevistada (Shainny), e finalmente escoitar a resposta. Deixamos que reflexionedes vós mesmos/as sobre o experimento, e se acaso... podedes continuar o debate en clase.

Fotos do Entroido 2021

Entroido 2021Preme para ver máis fotos

20/02/2021

Este ano temos poucas fotos de Entroido, aínda que chegaron desde diversas fontes. Estamos recompilando o material no álbum Entroido 2021 da nosa Galería.

Entroido 2021: Mandatos do Meco

Entroido

04/02/2021

Este curso non poderemos celebrar o Entroido como en anos anteriores, dada a situación sanitaria. De todas formas, non imos deixar que a festa falte no Feal, e propoñemos a todo o alumnado e profesorado os seguintes mandatos:

  • O luns, traerás unha bata, coa que moi quentiño estarás!
  • O martes sen faltar, o pixama, camisón ou salto de cama engadirás!
  • O mércores, rapidiño sae da cama, e trae todo postiño! (gorro, antiface, rulos, pelo sen peinar...)
  • O xoves, entroido e tolería, non quitarás nin as zapatillas (calcetíns desiguais, zapatos diferentes...)
  • Cando sexa venres, as túas mellores gafas traerás. Disfrace libre e ao teu gusto, e cos desexos de que o coronavirus morra dun susto!

A "basuraleza" do Feal

Basuraleza do Feal 2020Preme para ampliar a foto

18/12/2020

Atención: como sabedes, en galego non existe "basura" nin "naturaleza" (sería "lixo" e "natureza"), pero deixamos a combinación en castelán, porque neste caso queda máis simpático.

O caso é que esta mañá, durante a clase de Valores Éticos de Marisa en 4º de ESO, o seu alumnado ofreceuse a facer unha batida polo noso patio, para recoller boa parte da invasión de plástico que sofre desde hai tempo (xa vedes na foto as bolsas enchidas en poucos minutos).

Moitísimas grazas por esta gran iniciativa (tamén pola foto enviada a esta web), e esperamos que sirva para remover algunha conciencia. Tamén esperamos que pronto haxa máis quedadas voluntarias para continuar esta loita.

Día contra a violencia de xénero 2020 en Infantil e Primaria

15/12/2020

O pasado 25 de novembro, celebramos (como xa é costume no centro), o Día contra a violencia de xénero. A través da música, intentamos que as nosas nenas e nenos tomen conciencia desta escura realidade. Cantamos contra o maltrato, contra a inxustiza e contra a opresión.

Día da Discapacidade 2020

 06/12/2020

O pasado 3 de decembro, conmemoramos o Día da Discapacidade. @s nos@s peques traballaron cuns contos que tratan das diferentes capacidades (non discapacidades). Fixeron un traballo excelente, debuxando e poñéndolle voz a algúns destes nen@s que loitan por estar na sociedade en igualdade de condicións.

Temos que traballar por unha auténtica inclusión educativa e, tomando as palabras de Robert. M. Hensel ("coñéceme polas miñas habilidades e non polas miñas discapacidades"), empezamos a construír a idea de que ser diferentes é unha riqueza.

Grazas, nenas e nenos!!!

Ariadna de 6º B de Primaria interpreta Bohemian Rhapsody

25/06/2020

Xa que este ano non temos festival de fin de curso, deixamos aquí polo menos este vídeo de Ariadna Martínez Pérez (de 6º B de Primaria) gravado na súa casa a pasada primavera, no que interpreta a segunda sección da Bohemian Rhapsody de Queen. Grazas, Ariadna!

Nota: Tamén podedes curiosear na lista dos diversos vídeos gravados durante o confinamento.

Vídeos do fin do curso 2019-2020 en Infantil e Primaria

19/06/2020

Mónica Martínez envíanos un vídeo de despedida do curso 2019-2020 con Andrea e profes de Infantil e Primaria. Mª Carmen Balado envíanos outro con despedidas de 3º de Primaria. Bo verán, e que o curso 2020-2021 sexa normal!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido