Actividades complementarias e extraescolares
Saídas de Primaria á Domus e Corax
13/03/2023
A xente de Primaria non para, e envíanos un vídeo da saída de 5º de Primaria á Domus da Coruña (6 de marzo) e outro coa saída de 2º de Primaria a Corax Fauna en Paderne (8 de marzo).
Na visita á Domus, non ten prezo o fragmento no que o alumnado ve un parto (nun vídeo).
Entroido 2023
27/02/2023
Publicamos xa algunhas imaxes do pasado Entroido no Feal. Hai un vídeo máis centrado en Infantil e Primaria, e outro co testamento e queima do meco que argallaron en 4° de ESO. Nesta ocasión, atopámonos cun MECOVID, que foi bastante máis duro de queimar do habitual; sen dúbida, unha cepa resistente a do 23. Tamén iremos subindo fotos ao álbum Entroido 2023 da nosa Galería, e ademais, achegamos o testamento 2023 en pdf.
Grazas a toda a xente que axudou dalgún xeito a facer a festa!
Saída de 3º de Primaria á Coruña
25/02/2023
O pasado 15 de febreiro, o noso alumnado de 3º de Primaria estivo de paseo pola Torre de Hércules, e despois disfrutou dun concerto da Banda Municipal da Coruña.
Día da Paz 2023
31/01/2023
O noso equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou este vídeo para celebrar o Día da Paz 2023. Os máis vell@s do lugar atoparán nel numerosos chiscos ao vídeo do noso 40 aniversario.
Acto en lembranza das vítimas do Holocausto
29/01/2023
O pasado venres, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Narón o acendido de candeas en lembranza das vítimas do Holocausto que se conmemora cada 27 de xaneiro. Ao acto, asistiu o noso alumnado de 4º de ESO. Tes máis información na páxina do Concello en facebook.
Festa Fin de 2022 en Infantil e Primaria
12/01/2023
Keko, o noso profe de Música, envíanos unha nova montaxe; neste caso con imaxes da festa de fin de ano que se organizou para Infantil e Primaria. O último día do trimestre, xa houbo saída ao cine para todos os niveis.
Día da Infancia 2022
02/12/2022
A nosa compañeira Julia, envíanos esta montaxe no que o noso alumnado de Infantil recolle os seus dereitos.
25N 2022
28/11/2022
O noso compañeiro Keko envíanos unha montaxe coas actividades de Infantil e Primaria durante o pasado 25N no Feal. Achegamos tamén a montaxe que nos enviara previamente a nosa compañeira Mari Carmen pola mesma conmemoración; neste caso con imaxes de 3º de Primaria, nas que o propio alumnado pensara situacións cotiás de violencia que hai que cambiar.
Agracecemos tamén a colaboración do Concello de Narón, que instalou unha exposición na entrada do noso centro, con numerosas vítimas españolas de 2022.
Polo 50 aniversario, o Feal baila en galego
04/07/2022
Aquí tedes a Infantil e Primaria bailando a muiñeira. Grazas aos profes Luis, Manuel (de Música) e Norberto por este festivo vídeo que recibimos hoxe.
A Christmas mistery
15/06/2022
Este curso, os nenos de Infantil e Primaria fixeron un proxecto en colaboración coa protectora Arco da Vella. Queres coñecer a historia de Herba e Rubi? Este é o videoconto que fixeron destas dúas cadeliñas.
Ata o día 22 de xuño, temos aberta a nosa recollida de material para a protectora. Se queredes botarnos unha patiña, podedes traer comida, enseres, empapadores, xoguetes, mantas e toallas que teñades na casa e que non usedes....Moitas grazas por colaborar!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com