Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido 2019

14/03/2019

A nosa última festa de Entroido estivo centrada nos superheroes/heroínas. Como dicía Bowie: "We can be heroes... just for one day" (no vídeo, utilizamos a recente versión de "Heroes" que fixeron Depeche Mode).

Actualización do 13/04/2019: Fotos no álbum Entroido 2019 da nosa Galería.

Súper Morceg@ e o seu testamento

Morceg@l

28/02/2019

Grazas a todo o alumnado (de 4º e 3º de ESO), profesorado e persoal non docente que axudou a crear @ Súper Mec@ do Feal 2019. O a próximo venres, o noso máis célebre morceg@ desvanecerase entre o fume. Achegamos o seu testamento (escrito pola mestra de Primaria Raquel Zaplana Rodríguez).

Día da Paz 2019

Día da Paz 2019

30/01/2019

O noso alumnado de Infantil e Primaria celebrou o Día da Paz con música esta mañá. Debido ao mal tempo que normalmente hai nestas datas, houbo que volver ao patio cuberto, onde a acústica e a iluminación non son nada boas.

Día da Paz 2019

Actuación de Leo Leíño

Leo Leíño

15/12/2018

O pasado venres, o noso alumnado de Infantil e Primaria asistiu a unha actuación da maga Leo Leíño (organizada pola mestra de Música Toñi Bellas).

Marcha pola igualdade

Marcha pola Igualdade - 22/11/2018

22/11/2018

O alumnado de 6º de Primaria participou esta mañá na marcha pola igualdade organizada polo Concello. Saímos co resto de coles do Concello do Pazo da Cultura, e logo de percorrer o barrio da Gándara, chegamos ao Auditorio Municipal, onde gozamos dunha obra de teatro.

Novas fotos das nosas festas de outono

Samaín 2018 de Infantil

16/11/2018

As profes de Infantil enviáronnos un bo lote de fotos do seu Samaín e o seu Magosto, para engadir ao álbum "Outono 2018" da nosa Galería. Ademais, hoxe subimos algunhas adicionais do Magosto de Secundaria.

Magosto 2018 de Infantil

Magosto 2018 da ESO

Bicos con lingua

Bicos con lingua

05/11/2018

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu esta mañá a unha representación da obra Bicos con lingua, da compañía Talía Teatro. A actividade estaba organizada polo Concello de Narón no Pazo da Cultura.

Bicos con lingua

Obradoiros no Muíño de Pedroso para 6º de Primaria

6º de EP 2018 en Pedroso

02/11/2018

O pasado 24 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria (acompañados das súas titoras Raquel, Lucía e Isabel) visitou o Muíño de Pedroso, para realizar un obradoiro de Cestería e outro sobre Interculturalidade (organizados polo  Concello de Narón).

Podedes ver algunha foto adicional (xunto con outras de actividades anteriores no mesmo lugar) no álbum da nosa Galería chamado "Pedroso 2018".

Fotos e vídeos do Festival Fin de Curso 2018

19/07/2018

A finais de xuño, xa publicáramos unha selección das fotos feitas por María Varela durante o noso último Festival Fin de Curso (a de 4º de ESO no Feal é de Nieves Cortizas). Agora, publicamos os vídeos das actuacións gravados por Luis Dopico.

Como case sempre, temos que pedir desculpas polos fallos técnicos, que en ningún caso foron provocados polo fantástico persoal do Pazo da Cultura de Narón.

Pazo da Cultura 2018Fai clic para ver máis fotos

II Carreira de fin de curso do CPI do Feal

Carreiras 2018Fai clic para ver máis fotos

24/06/2018

Publicamos xa unha selección de fotos da nosa segunda carreira de fin de curso, celebrada o pasado 20 de xuño. Doce delas son da nai de dous dos nosos alumnos (Sonia Camoira), que publicou 388 nun álbum persoal.

Infantil e os 5 primeiros niveis de Primaria só correron a pé, mentres que 6º de Primaria e a ESO combinaron pés e bicicleta en competicións de Duathlón.

Yaiza Caamaño Canosa (6º A de Primaria) foi a gañadora do concurso de logos, e o seu fantástico deseño apareceu nas camisetas que recibiron todos os participantes.

Foi unha sorte contar coa colaboración de diversas familias, que por exemplo abriron unha páxina de facebook onde atoparedes información sobre a longa lista de empresas e entidades que participaron economicamente nesta actividade: Ali Hogar, Aluminios Narón, Automóviles Alca, Autos Camilo, Báñame tú, Bar El Quijote - Comidas caseras, Café do Centro, Café Ronsel, Café Tempus, Calzados Mara, Canadá House, Carlos Veiga peluquería, Carnicería Bruno, Concello de Narón, Construcciones Cibreiro Narón, Copynet, Farmacia Jesús Figueroa, Golfiños, Hotel Valcarce, Imprenta Santa Rita, Jenaro Sargadelos Ferrol, Joyería Fidalgo, La Despensa de las delicias, Librería Pasapáxina Galicia, Loterías Insua, Mapfre Freixeiro, Mesón Bodeguilla de Bruno, Naútico de Narón, Panadería Santa Rita Neda, Panadería Teté, Prueba T, Punto Dulce, Restaurante Anacos, Taller Lucar, Trielectric soluciones, Viaxes Narón, Vista Óptica Narón e Yoigo (Centro Comercial Narón). Achegamos tamén o cartel no que aparece a mesma listaxe.

Tamén agradecemos de novo a gran labor de animación de Pedro Caro (pai de dúas das nosas alumnas), e o traballo de todo o alumnado colaborador.

Grazas a todo o mundo!

Logo

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido