Expresión plástica

NA PRIMAVERA...FLORES MULTICOLORES


O alumnado de 4º realizou unhas coloridas flores. A técnica foi o plegado de folios de cores para realizar os pétalos de cada flor. A primeira toma de contacto da elaboración dos pétalos foi un pouco complexa. Logo, unha vez feitas varias prácticas, resultou moi doado. É de destacar o espírito de colaboración, onde o alumnado que antes manexa a técnica lle bota un man aos que o precisan. PARABÉNS!

 
 
 
 

TESTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO


O alumnado de 4º dentro das actividades do Proxecto voz Natura realizou uns coloridos testos a partires de botellas de plástico. Unha vez impermeabilizadas e  pintadas, as botellas foron decoradas con follas, corazóns, trevos,.... Logo,  realizouse un debuxo de coello ou osiño para pegar na botella. Unha vez rematada a manualidade procedemos a plantación de bulbos de tulipáns. Durante as vindeiras  semanas continuaremos observando e anotando as  distintas fases do  proceso que se vaian realizando: regas, momento de agromar, floración,... 

OBRADOIRO DE CHAPAS

O xoves 20 de xuño, día anterior ás vacacións de verán tivo lugar no centro un obradoiro de chapas. Cada alumno/a podía realizar dúas chapas unha delas con deseño propio e a outra podía elixir entre distintos debuxos xa elaborados: seres mitolóxicos, letras do abecedario, personaxes de contos, series,...A profe Emilia, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  foi a encargada de coordinar  a actividade, xa prevista para a Semana Cultural.

 

CESTAS CON FLORES

Nas cestas que iniciamos no obradorio da Semana cultural, unha vez rematadas, o alumnado do 2º ciclo da man da profe Conchita, elaborou unhas coloridas flores en papel seda.

 

FLORES NO SEGUNDO CICLO

Flores e máis flores! No segundo ciclo estamos practicando a elaboración de distintas flores partindo de papel de seda e papel pinocho. E a verdade que nos están quedando moi fermosas xa que a profe Conchita  dalle  un pequeno retoque...

 

NOUTRAS TERRAS!

E como este ano  o bo tempo non dá chegado, o alumnado do segundo ciclo trasládase a terras máis frías: á Antártida ou mesmo a Alaska, porque alí si que fai frío! Realizamos pingüíns, iglús, focas, osos polares,...Botádelle un vistazo, e veredes que grandes creadores/as. Verdade?

 

E O VERÁN VAI CHEGANDO!

Seguindo unha proposta do ENDL, este curso cada ciclo encargouse de representar cada unha das estación do ano. O 1º ciclo en vistas de que o verán xa está petando á porta púxose mans a obra e crearon un curioso e orixinal mural, sen deixar de facer un guiño ao plan anual da Biblioteca: A reciclaxe! SE DO VERÁN QUERES GOZAR, A PRAIA DEBES COIDAR!

LETRAS GALEGAS 2012: Marcapáxinas

O alumnado de primaria participa nunha actividade proposta polo Departamento de Cultura do Concello de Boiro: A elaboración de marcapáxinas co motivo da celebración do Mes das Letras.

A ESCULTURA NO 3º CICLO

O alumnado do 3º ciclo comezou a traballar coa obra de distintos escultores galegos: Francisco Asorey, Pedro Dobao, Francisco Leiro, Alfonso Vilar Lamelas,...Realizan as figuras en barro. Observade parte das súas obras:

PRIMAVERIÑA QUE LEDO ESTOU!

O alumnado de 4º xa nos tén acostumados a lucir no seu corcho fermosas estampas da natureza. Neste caso,  unha recreación da primavera.  FANTÁSTICO!

Distribuir contido