4º curso

NA PRIMAVERA...FLORES MULTICOLORES


O alumnado de 4º realizou unhas coloridas flores. A técnica foi o plegado de folios de cores para realizar os pétalos de cada flor. A primeira toma de contacto da elaboración dos pétalos foi un pouco complexa. Logo, unha vez feitas varias prácticas, resultou moi doado. É de destacar o espírito de colaboración, onde o alumnado que antes manexa a técnica lle bota un man aos que o precisan. PARABÉNS!

 
 
 
 

TESTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO


O alumnado de 4º dentro das actividades do Proxecto voz Natura realizou uns coloridos testos a partires de botellas de plástico. Unha vez impermeabilizadas e  pintadas, as botellas foron decoradas con follas, corazóns, trevos,.... Logo,  realizouse un debuxo de coello ou osiño para pegar na botella. Unha vez rematada a manualidade procedemos a plantación de bulbos de tulipáns. Durante as vindeiras  semanas continuaremos observando e anotando as  distintas fases do  proceso que se vaian realizando: regas, momento de agromar, floración,... 

CHEGOU A PRIMAVERA A CUARTO


 

O alumnado de 4º mostra os maceteiros coas rosas (feitas de oveiras) que realizaron para o mural da reciclaxe, dentro do Proxecto Voz Natura.

 

O ALUMNADO DE 4º E A SÚA PLANTACIÓN

O alumnado de 4º, despois de pintar e decorar macetas de barro, plantou tulipáns. Esta actividade está enmarcada dentro das actividades levadas a cabo dentro do programa Voz Natura, no que o noso centro participa desde fai xa varios anos.

MANDALAS DE NADAL

O alumnado de 4º de primaria realiza diversas actividades de Nadal. Nesta ocasión, unhas coloridas mandalas con motivos navideños,  nas que destaca o colorido. PARABÉNS POLO BO TRABALLO!!!!!!

 

AS NOSAS MASCOTAS

Os nenos e nenas de 4º realizaron unhas simpáticas mascotas a partires de cascas de noces: arañas, coellos, bufos, ratiños e tartarugas. NORABOA, ARTISTAS!

ANIMAIS CON FOLLAS DE OUTONO

O alumnado de 4º de primaria elaborou uns orixinais animais a partires de follas outonais. PARABÉNS!
 

AXENDAS ESCOLARES EN 3º E 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de primaria, por segundo ano consecutivo, fan uso das axendas escolares, dada a boa acollida que tivo o curso pasado. Axudou a mellorar a comunicación escola-familias. Non deixamos pasar a ocasión de facer referencia ao Proxecto Anual da Biblioteca, ocupando as portadas das axendas.

E POR FIN...XA TEMOS AS AXENDAS ESCOLARES!

Hoxe o alumnado de 2º ciclo de primaria estreou, por fin, as axendas escolares,  que xa foran presentadas ás familias na reunión de principio de curso. Por diversas razóns, a actividade retrasouse...pero esperemos que este medio de comunicación familia-escola nos dea bos resultados. A final de curso valoraremos!

 

AS NOVAS DE CIENCIA DO ALUMNADO DE 4º


O alumnado de 4º tras adicar varias sesións a traballar coa prensa nas clases e recompilar noticias científicas, preséntaas aos demais compañeiros e compañeiras na biblioteca Avelaiona Luíña.

 
Distribuir contido