O alumnado de 3º e 4º tivo un encontro coa escritora María Canosa. O tema central desta visita foi o seu libro " A CAZADORA DE ESTRELAS" que o alumnado estivo lendo. Un tema moi interesante e relacionado co Proxecto da biblioteca. O alumnado realizou marcadores coa protagonista da historia: Megumi, coas súas inseparables estrelas e as frechas de cor lila. Agasallaron a autora cun marcador. María Canosa deixou a súa adicatoria no libro de visitas da biblioteca e en cada libro do alumnado. Parabéns, por transmitirnos estas emocionantes historias na nosa lingua