Achegamos información sobre unha actividade que realizará a Anpa o luns 26 de outubro, ás 18:30, no centro social de Cespón, sobre a prevención da violencia de xénero.
No documento que compartimos, e que podedes visualizar e descargar, constan máis detalles da actividade.
A dirección
Achegamos dous documentos con información relativa á actividade da Anpa do centro.
A dirección
Bos días familias! Remata este curso tan atípico e dende a Anpa, queremos mandar o noso grandísimo agradecemento a todos os nenos e nenas que tan ben aguantaron esta etapa tan complicada, así como ás familias, que tivemos que “aprender” a facer un pouquiño de mestres e organizarnos de mil maneiras para afrontar estes meses de incerteza, e como non, aos propios mestres, que puxeron todo o seu esforzo en sacar adiante un curso tan diferente para todos.
Dito isto, despedímonos nós tamén ata o próximo curso, non sen antes recordarvos que temos unha asamblea pendente con todos vós, entre outras cousas, para contarvos sobre a reunión que tiveron algunhas das nosas compañeiras co Xefe Territorial da Delegación Provincial da Consellería da Educación, na Coruña.
Decirvos tamén, que os socios/as contarán novamente coas axendas escolares que regala a Anpa, que serán entregadas a principios do curso 20/21.
Moita sorte a todos/as e que teñades un feliz verán!
ANPA CEIP CESPON
Aquí vos deixamos algúns dos dIsfraces da festa do Samaín así como fotos do XOGO DA MOMIA e CONSTRUCIÓN DE CABAZAS organizados pola ANPA do centro.
Este día mundial ten como obxectivo a promoción e a concienciación global dos asuntos relacionados coa biodiversidade do planeta. Para conmemorar esta data a ANPA o CEP Brea Segade de Taragoña, a raíz dos devastadores incendios sufridos no mes de marzo deste ano que puxeron en risco a vida da veciñanza do rural e arrasaron grandes extensións de terreo, propuxeron as AMPAS de todos os centros educativos da comarca do Barbanza unirse a un parón de un minuto de silencio en repulsa dos lumes e respecto polo medio ambiente.
No CEIP Cespón realizamos este acto despois do recreo e no que dúas alumnas de 6º deron lectura a un manifesto.
Achegamos copias das actas de escrutinio das votacións aos distintos sectores do Consello Escolar do Ceip Cespón, así como a acta de proclamación de candidatos por parte da xunta electoral.
Grazas a todas e todos por participar
A dirección
De acordo coa RESOLUCIÓN RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calenda- rio para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG, 08/10/2018) aXUNTA ELECTORAL deste Centro transmítelles a seguinte información:
1.- A partir de hoxe comeza a campaña electoral. Esta comprenderá dende o 14 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición d@s candidat@s, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 26 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
2.- Poderán actuar como supervisores da votación @s nais/pais ou titores legais d@s alumn@s matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
3.- Recordamos que as votacións realizaranse neste centro o día 27 de novembro, de 10'00 a 13'30 horas e de 17:30 a 19:00 h. . A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9´45 horas.
4.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome d@s candidat@s presentad@s, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
5.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal d@s alumn@s.
6.- Candidaturas presentadas:
7.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
8.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Cespón, 14 de novembro de 2018
O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL
José Pablo Lloves Requejo.