As nosas festas

DÍA DE ROSALÍA, 2019

Este curso, para conmemorar o 24 de febreiro "Día de Rosalía" e coordinados polo Equipo de Dinamización e Biblioteca, realizamos moitas actividades para recordar a obra e a vida de Rosalía a través de actividades lúdicas: crebacabezas, sopa de letras, poemas para descifrar, xogos de parellas,... actividades todas elas moi motivadoras para ás nenos e nenas.

Tamén nos unimos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega recollendo poemas,  nos que xa no seu día, Rosalía denunciaba inxustizas sociais, que por desgraza aínda seguen presentes na actualidade: violencia de xénero, pobreza, emigración..baixo o lema "MANIFÉSTATE CON ROSALÍA"

Como sobremesa a todas estas actividades realizamos unha escolma de versos da autora e envolvémolos en forma de caramelos. Logo, levámolos a varias tendas da contorna, para que no Día de Rosalía ofrecesen "caramelos rosalianos" entre a veciñanza. A actividade levala por título: "NADA MÁIS DOCE QUE ROSALÍA

ESPALLANDO A OBRA DE ROSALÍA

Foron varias as actividades levadas a cabo para celebrar o Día de Rosalía. Por unha banda, sumámonos a proposta da Asociación de escritores en Lingua Galega coa campaña #AbrideAFiestra, na que o alumnado escribiu poemas e realizou debuxos relacionados coa obra da nosa poetisa,  plasmándoos nas fiestras do colexio. Elaboramos carteis para colgar nos autobuses escolares, realizamos actividades LIM por ciclos,...Deixámosvos algúns recordos plasmados en fotos.

Distribuir contido