Familias

DÍA DA BILIOTECA ESCOLAR

As mochilas viaxeiras do centro e as da ANPA comezaron a funcionar o dia 24 de outubro, coincidindo co DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Ademais dos fondos e o caderno que acompaña a cada mochila, achegóuselle ás familias  información sobre o Proxecto Anual da biblioteca: "A cociña" onde acompañabamos cun fermoso texto de "Escarlatina, a cociñeira defunta" (Ledicia Costa) Premio Nacional de Literatura, 2015.

ESPALLANDO POESIA: 21 DE MARZO

REVISTA FALARES 2013

Esta ano e por primeira vez, debido a razóns obvias (económicas, sobre todo) editamos a nosa revista FALARES en formato dixital. Chegará á casa das familias do alumnado gravada nun CD.

 
 


 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Como remate da XII Semana Cultural realizamos un festival no salón de actos da Casa da Cultura "Ramón Martínez López" en Boiro. Queremos agradecer a colaboración da AMPA do centro, da Escola de Música, do departamento de cultura de Boiro, de Mª José profesora de baile rexional, Tania e Orlando profesores de baile moderno,...Contamos con variadas actuacións: baile rexional, baile moderno, actuacións con piano, trompeta, marimba, baixo, Lara e Fernando de 2º leron as poesías coas que resultaron gañadores no certame "Francisco Añón" .O pallaso RUDI e o mago ALÁN puxeron a proba as gargantas do alumnado. Rematamos visualizando o extraordinario vídeo "Bos días, princesa" realizado polo titor de 1ºB, Manuel Villar. Grazas a Rubén de 4º e a Ivana de 3º que foron uns excelentes presentadores. Queremos pedir desculpas pola mala calidade das fotos.

 

DÍA DA POESÍA

Para celebrar o día da Poesía repartimos dípticos con poemas adicados á natureza. Podedes atopalos no libro "Verdedades" de Yolanda Castaño, da editorial Biblos. Pulsa encima para ver a imaxe en grande.

 

DÍPTICO ENVIADO ÁS FAMILIA: DÍA DO LIBRO

Entre as distintas propostas para celebrar o Día do Libro está o envío dun díptico ás familias, cunhas breves reseñas sobre a data: 23 de abril. VER DÍPTICO

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS NO DÍA DO LIBRO

o 23 de abril, DÍA DO LIBRO, enviamos un díptico ás familias cunha breve información sobre o Día do Libro, así como algunhas das propostas que estamos a traballar co alumnado.

 

CALENDARIO 2011

No mes de decembro elaboramos un calendario para o vindeiro ano 2011. Cada mes leva unha ilustración e un refrán referido á época. Logo, pegamos unha foto da contorna. Cada curso leva de portada a foto do grupo, o colexio e Luíña, a mascota da biblioteca.

Distribuir contido