Este curso, para conmemorar o 24 de febreiro "Día de Rosalía" e coordinados polo Equipo de Dinamización e Biblioteca, realizamos moitas actividades para recordar a obra e a vida de Rosalía a través de actividades lúdicas: crebacabezas, sopa de letras, poemas para descifrar, xogos de parellas,... actividades todas elas moi motivadoras para ás nenos e nenas.
Tamén nos unimos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega recollendo poemas, nos que xa no seu día, Rosalía denunciaba inxustizas sociais, que por desgraza aínda seguen presentes na actualidade: violencia de xénero, pobreza, emigración..baixo o lema "MANIFÉSTATE CON ROSALÍA"
Como sobremesa a todas estas actividades realizamos unha escolma de versos da autora e envolvémolos en forma de caramelos. Logo, levámolos a varias tendas da contorna, para que no Día de Rosalía ofrecesen "caramelos rosalianos" entre a veciñanza. A actividade levala por título: "NADA MÁIS DOCE QUE ROSALÍA
O acivro do centro está de aniversario: 25 anos!
Para celebralo o alumnado achegouse e fixo fotos ao seu carón. Logo, as nenas e nenos de 5º encargáronse de buscar información deste tipo de árbores. Grazas a eles puidemos enterarnos de moitas curiosidades! PARABÉNS, 5º!
Nesta ocasión o alumnado de 4º contoulles aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curiosidades do koala, do molusco chamado dragón azul e da vida en simbiose do peixe gobio e da gamba cega. Para presentar o Koala usaron o teatriño Kamisibai ("teatro de papel").
As nenas e nenos de 2º de primaria realizan una nova exposición da información recabada sobre dous animais de gran tamaño: a avestruz e o oso polar. Tivo lugar na biblioteca e asistiron os maiores do centro.
O alumnado de 5º de infantil despois de recompilar información deste curioso animal da fauna australiana, compartiuna cos maiores do centro: O WOMBAT.
E seguimos avanzando dentro do Proxecto Anual "Os animais" marcado para o curso 2017/2018. Nesta ocasión, dentro do apartado ANIMAIS QUE SE MIMETIZAN o alumando de 3º fixo a presentación do camaleón. Xa sabedes que no blog da biblioteca atoparedes máis información e fotografías.
Desde a Biblioteca propoñémosvos para o DÍA DA POESÍA as actividades que figuran no seguinte cartel. Para ver algúns momentos vividos visita o blog da biblioteca Avelaiona Luíña.
Foron varias as actividades levadas a cabo para celebrar o Día de Rosalía. Por unha banda, sumámonos a proposta da Asociación de escritores en Lingua Galega coa campaña #AbrideAFiestra, na que o alumnado escribiu poemas e realizou debuxos relacionados coa obra da nosa poetisa, plasmándoos nas fiestras do colexio. Elaboramos carteis para colgar nos autobuses escolares, realizamos actividades LIM por ciclos,...Deixámosvos algúns recordos plasmados en fotos.