Organización

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR

De acordo á instrución 3/2015 da Consellería de Educación,  o alumnado que teña praza asignada no autobús deberá facer uso continuado dela, entendido este coma un uso repetitivo do transporte en todos os días da totalidade das semanas do curso 2015/2016. De non facelo perderá a súa condición de usuario lexítimo e decaerá dos seus dereitos, perdendo a praza no transporte.

OS NOSOS ESPAZOS

Somos un C.E.I.P. No curso 2012/2013 realizouse un desdobre de 1º de primaria.  Ademais das 10 aulas para os diferentes niveis, contamos cunha aula de música, outra de inglés, biblioteca, plástica, informática e usos múltiples.

No patio contamos cun pavillón, pista de terra e un areeiro para infantil rematado no curso 2012/2013.

Nas entradas temos dous espazos, ben diferenciados,  dependendo dos niveis: PATIO CUBERTO para infantil e 1º ciclo de primaria; PISTA DE TERRA para 2º e 3º ciclo de primaria. Nos recreos faise uso do pavillón con rotación de cursos.

CATÁLOGO DE POSTOS DE TRABALLO

No DOG do luns 23 de agosto, aparece publicado o novo catálogo de postos de traballo dos centros educativos. O noso centro aparece xa como un CEIP. Pode verse na páxina 14.973. CONSULTAR DOG

Distribuir contido