Despois de comer as ricas castañas asadas acudimos ao pavillón para gozar dunha xornada de xogos variados e moi divertidos. Na maioría deles, a castaña era o eixe principal: "mariola castañeira, papacastañas, carreiras con castañas nunha culler, circuítos de castañas,...
Hai que destacar a boa organización dos xogos: ao lado de cada xogo aparecía unha fotocopia explicativa. O alumnado de maior idade axudou e acompañou ao alumnado de infantil no percorrido polos distintos xogos.
NON CHAS QUERO OUTONO BONITO
NON CHAS QUERO CASTAÑAS NO CHAN
CASTAÑAS DO TEU MAGOSTO. CASTAÑAS ASADAS
NON CHAS QUERO QUE RICAS QUE ESTÁN!
NON CHAS QUERO
QUE ME SABEN A CHAMOSCO!