Consello escolar

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - 2018

Achegamos copias das actas de escrutinio das votacións aos distintos sectores do Consello Escolar do Ceip Cespón, así como a acta de proclamación de candidatos por parte da xunta electoral.

 

Grazas a todas e todos por participar

A dirección

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa RESOLUCIÓN RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calenda- rio para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG, 08/10/2018) aXUNTA ELECTORAL deste Centro transmítelles a seguinte información:

 1.- A partir de hoxe comeza a campaña electoral. Esta comprenderá dende o 14 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición d@s candidat@s, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 26 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

 2.- Poderán actuar como supervisores da votación @s nais/pais ou titores legais d@s alumn@s matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

3.- Recordamos que as votacións realizaranse neste centro o día 27 de novembro, de 10'00 a 13'30 horas e de 17:30 a 19:00 h. . A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9´45 horas.

4.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome d@s candidat@s presentad@s, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

5.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal d@s alumn@s.

6.- Candidaturas presentadas: 

  • Eva Mª Riveiro Gómez
  • Mª Luisa Segade Tarrío
  • Dolores Silva Trasbach
  • Mª De Los Ángeles Yáñez Lorenzo

7.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

8.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Cespón, 14 de novembro de 2018

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

                                               José Pablo Lloves Requejo.                                                     

 

                                   

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR: CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓNdo25desetembrode2018,conxuntada Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da DirecciónXeraldeEducación,FormaciónProfesionale InnovaciónEducativa,polaqueseestableceocalenda- rio para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1.  Toca renovar dous membros, do sector de nais/pais.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 30 do corrente, estará exposto no taboleiro de anuncios do centro. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 6 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio ou que se pode descargar no ficheiro que se achega. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 31 de outubro ata as 14'00 horas do día 9 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 13 de novembro, ás 13'00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o/a de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 14 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición d@s candidat@s, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 26 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación @s nais/pais ou titores legais d@s alumn@s matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste centro o día 27 de novembro, de 10'00 a 13'30 horas e de 17:30 a 19:00 h. . A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9´50 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome d@s candidat@s presentad@s, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal d@s alumn@s.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Cespón, 30 de outubro de 2018

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

                                                                                  

                                                                                    José Pablo Lloves Requejo.

Distribuir contido