3º curso

O ALUMNADO DE 3º REMATA O CURSO IMPARTIDO POLA CRUZ VERMELLA

O alumnado de 3º recibiu mensualmente (este curso) unha sesión impartida por membros da Cruz Vermella de Boiro. Traballaron distintos valores (amizade, igualdade de xénero, reciclaxe,...) valores moi  importantes na formación integral do alumnado. Este mesmo organismo organizou unha excursión aos muíños da Barosa e na última sesión fixeron xogos de colaboración no patio. Moi interesante un dos xogos no que o alumnado levaba nas costa un folio pegado e os compañeiros e compañeiras escribían nel os aspectos positivos que destacarían de cada un. Logo, as monitoras entregáronlles un diploma e un agasallo. PARABÉNS!

 

NADAL EN TERCEIRO: FLORES DE PASCUA, POSTAIS, ÁRBORES,...

O alumnado de 3º de primaria realizou un laborioso traballo de pregado de papel para confeccionar unha colorida árbore de Nadal. Partindo tamén do pregado de papel realizaron flores de Pascua. Parabéns, nenas e nenos!
Se queredes visualizar as fotos en grande, cliqueades na parte inferior dereita no cadrado.
 

SEMÁFOROS EN EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de terceiro elaborou uns riquísmos semáforos nas clases de educación vial con galletas, crema de cacao e lacasitos. Uhmmmm!!!!

MEDRANDOENTERCEIRO

Este é o nome do blog que o alumnado de 3º B vén de estrear da man da súa titora Chus. Non deixedes de visitalo.

http://medrandoenterceiro.blogspot.com.es/

A SORPRESA DE LARA!

Lara de 3º de primaria sorprendeunos a todos e a todas. O día anterior na clase de coñecemento estivemos vendo os pasos para elaborar unha maqueta dun muíño de vento e...SORPRESA! Lara ao chegar a súa casa seguiu os pasos vistos na clase e apareceu cunha fermosa manualidade. PARABÉNS!

O ALUMNADO DO 2º CICLO MERGÚLLASE NA OBRA DE URBANO LUGRÍS

O alumnado do 2º ciclo comezou a coñecer a vida e obra do pintor do mar: Urbano Lugrís. Nenos e nenas de 4º decantáronse polas ceras, mentres que terceiro empregou a témpera e o papel para recrear algúns dos seus cadros. Déixovos cun pequeno aperitivo do que será o groso do traballo:

COLABORADORES/AS NA BIBLIOTECA

Os Reis Magos trouxeron uns petos aos colaboradores/as da biblioteca. Agora, toca traballar: coidar a orde nos estantes, axudar aos máis pequenos, levar novidades ás aulas, ...UN MONTÓN DE TAREFAS! Pero David, Alba e Adriana están encantados coa súa labor.

RECICLANDO CON CONTOS

Comezamos coa presentación de fondos mercados para o Proxecto Anual: Coidemos o Planeta! Nós podemos! Nesta ocasión, Rubén, Carla e Adriana de 3º presentaron os libros: "Elige el verde e "Capitán Verdemán, superhéroe del reciclaje". Na hora de ler foron ás aulas de 1º e 2º a contarlles as interesantes historias que falan dun mundo verde, sen contaminación, con xentes que reciclan...

XA ESTÁN NACENDO OS RANÚNCULOS!

Fai quince días que vos contabamos a nova plantación que fixemos de ranúculos. Pois ben, como os temos moi ben coidados e nun sitio con moita luz aquí vos ensinamos unha foto onde podedes ver que xa están nacendo. SEGUIREMOS INFORMANDO!

PLANTACIÓN DE RANÚNCULOS

O alumando do 2º ciclo plantou ranúnculos. Cada neno/a preparou o seu tarro e enterrou dous ranúnculos: un de cor vermella e outro de cor branca. Logo regaron e colocárona na aula para poder facer a observación do proceso. Xa vos iremos contando. De momento, cubriremos unha ficha de seguimento.

 

 

Distribuir contido